Saltar navegación

3. Guía de uso

Antes de comezar

A clase de Educación Física é, sobre todo, unha sesión práctica con actividade física. Por este motivo, o desenvolvemento deste REA procura ser o máis aplicado posible, aínda que algunhas partes se levarán a cabo na aula ordinaria.

A información sobre os contidos teóricos e as actividades interactivas están dispoñibles de xeito permanente para o alumnado, co obxectivo de que poida acceder a ela e revisar os conceptos básicos das actividades que practicará nas sesións de Educación Física. Grazas aos recursos dixitais, favorécese a autoregulación e a aprendizaxe personalizada, xa que o alumnado pode consultar a información tantas veces como precise.

As tarefas propostas no REA non especifican os procedementos nin os instrumentos que o alumnado debe empregar para acadar un resultado óptimo. Con isto, preténdese manter a neutralidade respecto aos condicionantes tecnolóxicos do profesorado, permitindo que sexa a propia persoa docente quen determine as ferramentas ou o formato máis axeitado para realizar as tarefas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)