Temporalización do REA
"Unha viaxe inesperada" é un REA que está previsto para levar a cabo no terceiro trimestre, cunha duración de 20 sesións.
Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que a compoñente motriz sexa sempre unha prioridade, sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.
|
Fase |
Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1 |
Descrición |
Presentación do reto, obxectivos do REA e plan de viaxe. |
Sesión 1 |
|
2 |
Exploración |
Coñecementos previos: formación de equipos, mapa falante e actividades multinivel. |
Sesión 2 e 3 |
|
3 |
Conexión |
Xogos e bailes de Galicia. |
Sesión 4 e 5 |
|
3 |
Conexión |
Xogos e bailes de España. |
Sesión 6 e 7 |
|
3 |
Conexión |
Xogos e danzas do Mundo. |
Sesión 8 e 9 |
|
4 |
Reto final |
Investigación cultural (países, xogos...). Práctica de xogos investigados e práctica de mestura de danzas. |
Sesións 10, 11, 12 e 13 |
|
4 |
Reto final |
Organización encontro de culturas. |
Sesión 14 |
|
4 |
Reto final |
Encontro de culturas. |
Sesións 15 |
|
5 |
Conclusión |
Avaliación. |
Sesión 16 |