Saltar navegación

3. Guía de uso

Antes de comezar

As tarefas que se solicitan no REA, non especifican os procedementos ou instrumentos que o alumnado deberá utilizar para acadar o resultado óptimo, desta forma preténdese manter unha neutralidade nos condicionantes tecnolóxicos para o profesorado, e que sexa a propia persoa docente a que determine as ferramentas ou o formato máis adecuado para realizar as tarefas.

O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico, nos centros educativos, non condicionara a posta en marcha deste proxecto.

Considéranse tres procedementos de realización das tarefas:

  • Sen recursos dixitais. Con uso de materiais habituais nas aulas como poden ser: tesoiras, cartolina, material de escritura e outros semellantes.
  • Dixital sen conexión. Empregando equipos tecnolóxicos pero sen posibilidade de conexión a Internet.
  • Dixital con conexión a Internet. Uso de plataformas e servizos en Internet.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)