Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

"Contornas diferentes, deportistas referentes" será un REA que se leve a cabo no terceiro trimestre, cunha duración de 20 sesións.

Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca, como obxectivo principal, non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que a compoñente motriz sexa sempre unha prioridade, sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria, para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Fase

Seccións

Para que?

Temporalización

1

Descrición

Presentación do reto, obxectivos do REA e camiño a seguir.

Sesión 1

2

Exploración

Coñecementos previos: panel sobre deportes paralímpicos, prevención e educación viaria.

Sesión 2

3

Conexión

Prevención

Sesión 3

3

Conexión

Educación viaria 

Sesións 4, 5 e 6

3

Conexión

Primeiros auxilios

Sesións 7, 8 e 9

3

Conexión

Introdución aos deportes adaptados: xogos de sensibilización.

Sesións 10 e 11

3

Conexión

Goalball 

Sesións 11, 12 e 13

3

Conexión

Boccia

Sesións 14, 15 e 16

3

Conexión

Boccia no medio natural

Sesión 17

4

Reto final

Procura de información sobre deportistas paralímpicos referentes

Sesión 18

4

Reto final

Elaboración das achegas para o mural sobre deportistas paralímpicos referentes

Sesións 18 e 19

4

Reto final

Avaliación das achegas para o mural sobre deportistas paralímpicos referentes

Sesión 19

5

Conclusión

Coavaliación e divulgación do mural

Sesión 20

Feito con eXeLearning (Nova xanela)