Metodoloxía

O deseño deste REA ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha aprendizaxe significativa, baseada na resolución de retos conectados coa realidade e con impacto social. Estas propostas esixen a toma de decisións e a valoración crítica tanto dos resultados como do propio proceso.
O eixe fundamental é o traballo colaborativo, mediante a creación de grupos estables durante todas as fases do proxecto.
As tarefas organízanse en dous niveis:
- Individuais: con gradación de dificultade e progresividade. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de escoller actividades segundo os seus intereses e capacidades.
- Grupais: mediante estratexias que teñen en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe. Valórase non só o resultado, senón a progresión motriz e a capacidade de aprender de xeito autónomo.
Enfoque do proceso de ensino-aprendizaxe
Para que o alumnado se sinta parte activa do proceso, o proxecto segue un enfoque triplo:
- Personalizado: búscase a relación cos coñecementos previos e inclúense actividades multinivel.
- Significativo: o alumnado aprende ao tempo que "aprende a aprender", interiorizando experiencias que fan afondar nos seus coñecementos.
- Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais do seu mundo cotián.
Criterios metodolóxicos en Educación Física
A metodoloxía é esencialmente práctica e competencial, seguindo estas liñas mestras:
- Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
- Activa: fomentando un alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
- Participativa: potenciando a cooperación e a colaboración constante.
- Integradora: facilitando que todos se sintan capaces coas súas propias respostas motrices, mellorando así a súa autoestima.
- Contextualizada: o alumnado debe comprender en todo momento o que está a facer, os obxectivos e os pasos a seguir.
- Lúdica: utilizando o xogo como elemento fundamental de motivación.
- Creativa: propoñendo a procura de solucións orixinais aos problemas que xurdan.
- Progresiva: expondo o alumnado a retos cada vez máis complexos de xeito graduado.