Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundaméntase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motriz e a adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e ademais resulta idónea para o tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico, con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Este REA contribúe a dous dos obxectivos principais da área: 

  • OBX3. Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.
  • OBX5. Valorar diferentes medios naturais e urbanos como contextos de práctica motriz, interactuando con eles, comprendendo a importancia da súa conservación desde un enfoque sustentable e adoptando medidas de responsabilidade individual durante a práctica de xogos, de actividades físico-deportivas e de ocio, para realizar unha práctica eficiente e respectuosa coa contorna e participar no seu coidado e mellora.

Abordar, con posibilidades de éxito, situacións motrices adaptadas e, en contornas diferentes, implica desenvolver un certo grao de empatía e actuar desde a prosocialidade, a través de accións que buscan tamén o benestar alleo, valorando a realidade asociada á práctica motriz e actuando sobre ela desde parámetros de liberdade exercida con responsabilidade, equidade, inclusión, respecto, solidariedade, cooperación, xustiza e paz. Tamén resulta preciso coñecer normas básicas de actuación e prevención de accidentes e primeiros auxilios para desenvolvernos, na nosa contorna máis inmediata, coa maior seguridade posible.

A situación de aprendizaxe está conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 3 - Saúde e benestar:  porque a situación de aprendizaxe aborda medidas de prevención, primeiros auxilios e actividades físicas, ademais fomenta hábitos saudables que contribúen ao benestar físico e emocional do alumnado.
  • ODS 4 - Educación de calidade: o obxectivo de fomentar o respecto pola diversidade e a inclusión na práctica deportiva, así como promover coñecementos sobre deportes adaptados, encaixa perfectamente con este ODS. Estamos a proporcionar unha educación inclusiva e equitativa.
  • ODS 10 - Redución das desigualdades: darlle visibilidade aos deportes adaptados e aos deportistas que os practican axuda a reducir a discriminación e promover a igualdade de oportunidades para todas as persoas, tratando de reducir barreiras e desigualdades sociais.
  • ODS 11 - Cidades e comunidades sostibles: coñecer a contorna próxima, como actuar en diferentes ámbitos, traballar a educación viaria e a accesibilidade están directamente relacionadas coa creación de espazos seguros e inclusivos para todas as persoas, independentemente das súas capacidades. Todo isto, encaixa dentro da idea de fomentar comunidades máis seguras e accesibles.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 7: Deportes Paratodos e coa unidade didáctica número 8: A contorna, que corresponde á programación modelo de 6º de Educación Primaria proposta para a área de Educación Física, na aplicación PROENS, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.2 - Saúde social:
    • C1.2.3 - Deporte profesional: dimensión social.
    • C1.2.4 - Aceptación de distintas tipoloxías corporais para practicar, en igualdade, diversidade de actividades físico-deportivas.
    • C1.2.5 - Estereotipos corporais, de xénero e competencia motriz.
  • C1.3 - Saúde mental:
    • C1.3.1 - Efectos psicolóxicos beneficiosos do estilo de vida activo.
    • C1.3.3 - Respecto e aceptación do propio corpo e do aspecto corporal dos demais.

Bloque 1

  • C2.1 - Usos e finalidades: catárticos, lúdico-recreativos, competitivos e agonísticos.
  • C2.6 - Uso de ferramentas ou plataformas dixitais.
  • C2.8 - Actuacións básicas de primeiros auxilios ante accidentes e lesións durante a práctica da actividade física. Posición lateral de seguridade. Conduta PAS (protexer, avisar, socorrer).

Bloque 2

  • C3.1 - Toma de decisións:
    • C3.1.1 - Selección de accións en función da contorna en situacións motrices individuais.
    • C3.1.2 - Adecuación de accións para o axuste espazo-temporal na interacción cos compañeiros en situacións cooperativas.
    • C3.1.3 - Selección de zonas de envío do móbil desde onde sexa difícil devolvelo, en situacións motrices de persecución e de interacción cun móbil.
  • C3.2 - Esquema corporal:
    • C3.2.1 - Equilibrio estático e dinámico en situacións complexas ou en superficies inestables.
    • C3.2.2 - Estruturación espacial, percepción de obxectos e de distancias, orientación, percepción e interceptación de traxectorias, agrupamento-dispersión e transposición.
    • C3.2.3 - Estruturación temporal e espazo-temporal e percepción de duracións, de velocidade, de intervalos, de estruturas e de ritmo.
    • C3.2.4 - Dominio e control motor en situacións complexas e descoñecidas.
  • C3.3 - Capacidades condicionais: capacidades físicas básicas e resultantes (coordinación, equilibrio e axilidade).
  • C3.4 - Iniciación das habilidades motrices específicas asociadas á técnica en actividades físico-deportivas: aspectos principais.
  • C3.5 - Creatividade motriz: identificación de estímulos internos ou externos que esixan un reaxuste instantáneo da acción motriz.

Bloque 3

  • C4.1 - Xestión emocional: autoestima, ansiedade e situacións motrices. Estratexias de afrontamento e xestión.
  • C4.2 - Autonomía e autoconfianza: aumento da autonomía persoal, mellora e afianzamento da confianza en si mesmo e nos demais durante a práctica motriz.
  • C4.3 - Habilidades sociais: estratexias de traballo en equipo para a resolución construtiva de conflitos nas diversas situacións motrices.
  • C4.4 - Concepto de fairplay ou xogo limpo.
  • C4.5 - Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices (discriminación por cuestións de xénero, de capacidade, de competencia motriz; actitudes xenófobas, racistas ou de índole sexista; abuso sexual ou calquera forma de violencia).

Bloque 4

  • C5.6 - Deportes olímpicos e paralímpicos, historia e institucións asociadas aos xogos olímpicos e paralímpicos.

Bloque 5

  • C6.1 - Normas de uso: a educación viaria desde a actividade física e deportiva.
  • C6.2 - Transporte activo e sustentable: bicicletas, patíns, patinetes.
  • C6.3 - Previsión de riscos de accidente durante a práctica no medio natural e urbano: valoración previa e actuación.
  • C6.4 - Construción e reutilización de materiais para a práctica motriz, fomentando a sensibilización sobre a xeración de residuos.
  • C6.5 - Realización de actividades físicas no medio natural e urbano.
  • C6.6 - Coidado e conservación da contorna durante a práctica de actividade física no medio natural e urbano.

Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.
OBX 2 Adaptar os elementos propios do esquema corporal, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e as destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións, para dar resposta ás demandas de proxectos motores e de prácticas motrices con distintas finalidades en contextos da vida diaria.
OBX 3 Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude emprática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.
OBX 4 Recoñecer e practicar diferentes manifestacións lúdicas, físico-deportivas e artístico-expresivas propias da cultura motriz, valorando a súa influencia e as súas achegas estéticas e creativas á cultura tradicional e contemporánea, para integralas nas situacións motrices que se utilizan regularmente na vida cotiá.
OBX 5 Valorar diferentes medios naturais e urbanos como contextos de práctica motriz, interactuando con eles, comprendendo a importancia da súa conservación desde un enfoque sustentable e adoptando medidas de responsabilidade individual durante a práctica de xogos, de actividades físico-deportivas e de ocio, para realizar unha práctica eficiente e respectuosa coa contorna e participar no seu coidado e mellora.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL) CCL1, CCL5
COMPETENCIA PLURILINGÜE (CP) CP3
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM) STEM1, STEM2 e STEM5
COMPETENCIA DIXITAL (CD) CD3
COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2, CSPAA3, CPSAA4 e CPSAA5
COMPETENCIA CIDADÁ (CC) CC2, CC3 e CC4
COMPETENCIA EMPRENDEDORA (CE) CE1 e CE3
COMPETENCIA  EN CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAIS (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3 e CCEC4

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)