"Anda o tempo revolto" enmárcase dentro da programación didáctica PROENS para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria na súa UD 3 e parte da UD 4.
Os contidos que se traballan neste recurso educativo pertencen aos catro bloques de contidos da área:
Bloque 1. Educación musical: percepción e análise.
Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación.
Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise.
Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación.
| Contidos |
Bloque da materia |
- Estratexias de recepción activa.
- Profesións vinculadas á creación e interpretación musical. Coñecemento e valoración.
- O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
- A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións. Clasificación e comprensión dos mecanismos de produción sonora en cada un. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
- O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
- O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución á diferenciación auditiva entre subdivisión binaria e ternaria.
- A melodía e a forma musical. Identificación de formas sinxelas: monotemáticas, binarias, ternarias, canción popular, rondó simple e canon.
- A textura. Aproximación á discriminación auditiva de monodia, melodía acompañada e textura fuxida.
- Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- Principais xéneros musicais.
- Vocabulario específico de música.
- Recursos dixitais de uso común para música.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
|
Bloque 1 |
- Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
- Construción de obxectos sonoros e instrumentos e exploración das súas posibilidades sonoras para o seu uso expresivo.
- Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada na interpretación musical.
- Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
- Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
|
Bloque 2 |
- Estratexias de recepción activa.
- Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, orixes e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- Profesións vinculadas ás artes escénicas performativas. Coñecemento e valoración.
- Xéneros escénicos: aproximación a estes. Valoración da importancia da interpretación dramática no proceso artístico e do patrimonio vinculado ás artes escénicas e performativas.
- Estratexias básicas de análises de propostas escénicas e performativas desde unha perspectiva de xénero.
- Elementos fundamentais da representación escénica. Roles, materiais e espazos. Teatralidade. Estrutura dramática básica.
- Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
- Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
|
Bloque 3 |
- O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
- Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
- Uso responsable de bancos de imaxes e sons: respecto ás licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
- Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
- Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática.
|
Bloque 4 |
Os obxectivos da materia traballados especificamente neste REA son:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX1 |
Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade. |
| OBX2 |
Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas. |
OBX3
|
Investigar sobre diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia. |
| OBX4 |
Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias. |
| OBX5 |
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza. |
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL). |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP). |
CP3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM). |
STEM1, STEM2, STEM3 |
| Competencia dixital (CD). |
CD1, CD2 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA). |
CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC). |
CC1Z, CC2, CC3 |
| Competencia emprendedora (CE). |
CE1, CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC). |
CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4 |