Temporalización do REA
"Anda o tempo revolto" está deseñado para ser impartido no 3º trimestre do curso para un total de 10 sesións.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Qué tempos! (Descrición) |
1. Qué tempos! 1.1 Entre marzo e abril sae o cuco do cubil 1.2 Reto 1.3 Diario de aprendizaxe |
Sesión de introdución e motivación. Reflexión sobre o concepto de tempo. Un conto desordenado que hai que recompoñer. Presentación do reto. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
2. Se chove, que chova (Coñecementos previos) |
2. Se chove, que chova. 2.1 Pingas de chuvia feble 2.2 Ruxe a tormenta 2.3 Diario de aprendizaxe |
A chuvia como fío condutor entre períodos. Presentación de dous capítulos do conto Práctica instrumental multinivel. A frauta doce. O musicograma multinivel. Achega á historia da música e contextualización do Barroco e o Romanticismo. Audicións activas do Barroco e o Romanticismo. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
3. Nunca choveu que non escampara |
3.1 Agardando un chuvasco 3.2 Zoa o vento 3.3 Brétema 3.4 Asoma o arco da vella 3.5 Diario de aprendizaxe |
Fenómenos atmosféricos como fío condutor. Presentación de catro capítulos do conto. A orquestra. Práctica instrumental, vocal e dancística. Achega á historia da música e contextualización do Clasicismo, Renacemento, Idade Media e Século XX. Audicións activas do Clasicismo, Renacemento, Idade Media e Século XX. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
4 sesións |
|
4. Parece que vai bo tempo (Reto final) |
4.1 Cada cousa ao seu tempo 4.2 Non hai tempo que perder 4.3 Fin de curso 4.4 Diario de aprendizaxe |
Organización dunha representación para fin de curso:
Visibilización da figura da muller na historia da música. Valoración do reto. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
5. Tempo de botar unha ollada cara atrás (Conclusión) |
5.1 Reflexionamos 5.2 Diario de aprendizaxe |
Repaso das principais características da historia da música desde a Idade Media ata o Século XX. Situar audicións nos períodos históricos traballados. Valoración do traballo grupal. Reflexión no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |