Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta situación de aprendizaxe está baseada nos eixes da materia de Música e Danza de 6º de Educación Primaria. Ao longo de todas as fases foméntase:

  • Aprendizaxe cooperativa e traballo grupal: promóvese a colaboración entre o alumnado a través de actividades grupais e traballo en equipo. Isto fomenta a súas habilidades comunicativas, a responsabilidade individual e colectiva e a aprendizaxe entre iguais.
  • Atención á diversidade: tense en conta a diversidade do alumnado e ofrécense actividades multinivel que permiten a adaptación do traballo aos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe. Ao mesmo tempo, achégase unha lectura facilitada dos textos para favorecer a accesibilidade dos contidos.
  • Uso dos recursos TIC: coa elaboración do vídeo informativo foméntase a integración das ferramentas dixitais e o desenvolvemento da competencia comunicativa. Deste xeito, a música vincúlase coas TIC, favorecendo un enfoque interdisciplinario e acorde ás necesidades da sociedade actual.
  • Integración de contidos teóricos e prácticos: os coñecementos teóricos compleméntanse con exercicios prácticos como as interpretacións das partituras, o mural colaborativo ou as actividades interactivas, que reforzan a comprensión dos contidos teóricos.
  • Pensamento reflexivo: ao longo desta proposta, o alumnado recolle as súas reflexións individuais e colectivas no diario de aprendizaxe. Esta ferramenta favorece que os estudantes tomen conciencia do seu proceso de aprendizaxe.
  • ABR: a metodoloxía xira arredor dun reto inicial que é a creación dun vídeo informativo para explicarlle aos demais grupos do colexio todo o que aprenderon ao longo do REA sobre a música escénica. Esta proposta crea no alumnado un obxectivo claro e motivador, favorecendo así a aprendizaxe significativo e o compromiso individual e colectivo na adquisición de coñecementos nun contexto real.

Relación cos Obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable:

  • ODS 4 (Educación de calidade): desde a concepción deste Recurso Educativo Aberto, este favorece un ensino inclusivo, equitativo e de calidade.
  • ODS 5 (Igualdade de xénero): achega a igualdade a través do coñecemento das diferentes profesións das artes escénicas.
  • ODS 9 (Industria, innovación e infraestruturas): fomenta a alfabetización dixital do alumnado e promove un uso responsable da tecnoloxía.
  • ODS 10 (Redución das desigualdades): promove a inclusión e a equidade educativa.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

"Este cole é un teatro" enmárcase dentro da programación didáctica PROENS para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria na súa UD 1 e parte da UD 4.

Os contidos que se traballan neste recurso educativo pertencen aos catro bloques de contidos da área:

Bloque 1. Educación musical: percepción e análise.

Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación.

Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise.

Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación.

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias de recepción activa.
  • O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
  • A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións. Clasificación e comprensión dos mecanismos de produción sonora en cada un. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
  • O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
  • O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución á diferenciación auditiva entre subdivisión binaria e ternaria.
  • A melodía e a forma musical. Identificación de formas sinxelas: monotemáticas, binarias, ternarias, canción popular, rondó simple e canon. 
  • A harmonía. Concepto de acorde, consonancia e disonancia. Diferenciación auditiva entre acorde maior e menor.
  • Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Principais xéneros musicais.
  • Vocabulario específico de música.
  • Recursos dixitais de uso común para música.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
Bloque 1
  • Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
  • Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como  elemento fundamental da música: utilización adecuada na interpretación musical.
  • Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
  • Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
Bloque 2
  • Estratexias de recepción activa.
  • Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, orixes e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Profesións vinculadas ás artes escénicas performativas. Coñecemento e valoración. 
  • Xéneros escénicos: aproximación a estes. Valoración da importancia da interpretación dramática no proceso artístico e do patrimonio vinculado ás artes escénicas e performativas.
  • Elementos fundamentais da representación escénica. Roles, materiais e espazos. Teatralidade. Estrutura dramática básica.
  • Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
  • Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
  • Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 3
  • O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
  • Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
  • Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
  • Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática.
Bloque 4

Os obxectivos da materia traballados especificamente neste REA son:

Obxectivos Descrición
OBX1 Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.
OBX2 Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas.
OBX3
Investigar sobre diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX4  Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX5 Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL). CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP). CP1, CP3
Competencia cidadá (CC). CC1
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM). ---
Competencia dixital (CD). CD1, CD2, CD3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA). CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC). CC1
Competencia emprendedora (CE). CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC). CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)