Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º da ESO, contextualízase na primeira unidade didáctica "A tecnoloxía, deseño e fabricación". Atópase no inicio do desenvolvemento do currículo para que o alumnado adquira as habilidades, destrezas e coñecementos necesarios para poder aplicalas nas seguintes unidades didácticas nas diferentes fases do proceso tecnolóxico, facendo os deseños dos proxectos e elaborando a documentación técnica necesaria con rigorosidade.
O recurso englóbase nos seguintes bloques de contidos 1 e 2:
- Bloque 1: O proxecto tecnolóxico.
- Bloque 2: Deseño e fabricación.
Neste recurso trabállase o desenvolvemento de habilidades e métodos que permitan avanzar dende a identificación e a presentación dun problema técnico ata a súa solución construtiva. Todo isto lévase a cabo a través dun proceso planificado que busca a optimización de recursos e de solucións, así como a análise da contorna por parte das persoas discentes. Tamén se afonda no proceso de deseño e representación de pezas ou obxectos a escala e acoutados, así como no deseño de obxectos sinxelos en 3D e 2D, facendo uso de ferramentas CAD. Este proceso de deseño remata coa fabricación dixital, mediante impresión 3D ou por corte láser, de pezas sinxelas, respectando sempre as normas de seguridade e hixiene e analizando o impacto ambiental dos produtos xerados.
En conxunto con outros criterios de aprendizaxe traballados en unidades posteriores, o alumnado tamén aprenderá a elaborar a documentación dos proxectos técnicos levados a cabo no taller.
| Contidos |
Bloque da materia |
- Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción de coñecemento desde distintos enfoques e ámbitos.
- Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
- Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes e sostibles.
|
Bloque 1 |
- Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos.
- Deseño de obxectos sinxelos en 3D.
- Fabricación dixital. Deseño e construción de pezas con impresión 3D e/ou corte.
|
Bloque 2 |
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX1 |
Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
|
| OBX3 |
Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
|
| OBX7 |
Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.
|
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL3 |
| Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM5
|
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD4, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA4 |
| Competencia cidadá |
CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC3 |