Temporalización do REA
Este recurso está pensado para desenvolverse ao longo de 19 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º de ESO, englóbase no primeiro trimestre, como unidade inicial.
A continuación, inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Inspiración (mobilizar) |
1.1. Orden contra el caos. 1.2. A por el reto. |
Sesión de motivación e presentación do reto a desenvolver, onde de valora a importancia de manter a orde na nosa contorna e se analizan solucións en diferentes ámbitos para conseguilo. |
1 sesión |
| 2. Prepara la paleta de ideas (activar e recordar) |
2.1. Punto de vista. 2.2. Adivina adivinanza. 2.3. Tamaño adecuado. |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos nesta materia en relación coa representación de obxectos. Actívanse os coñecementos existentes sobre as tres vistas ortogonais de pezas sinxelas e as escalas. |
2 sesión |
| 3. Pinta en 2D y 3D (explorar, revisar a estruturar) |
3.1. Análisis del cuadro tecnológico. 3.2. Escalas: el arte de lo relativo. 3.3. De la realidad al lienzo: vistas. 3.4. El arte de acotar. 3.5. Fabricación digital. 3.6. Pon orden en tus diseños. |
Sesións con actividades en diferentes formatos sobre análise técnico de obxectos, escalas, deseño en 2D e 3D e acotamentos. Inclúe unha sesión con actividades interactivas multinivel e opcións. Están deseñadas para a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento, por medio da exploración das sesións anteriores. |
7 sesións |
|
4. Moldea el orden (aplicar e comprobar) |
4.1. Para comenzar. 4.2. ¿Qué y cómo organizar? 4.3. Diseño y planificación. 4.4. Fábrica de orden. |
Sesións dirixidas ao desenvolvemento e execución do reto proposto, o deseño e construción mediante ferramentas de fabricación dixital dun organizador para o seu centro educativo. |
8 sesións |
|
5. Expo-orden (concluír e comunicar) |
5. Expo-orden. |
Sesións vinculadas á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 5. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados co resto do grupo onde o alumnado realizará unha feira de exposición co produto creado e unha posta en común. |
1 sesión |