Saltar navegación

3. Guía de uso

¡A toda campaña!

No REA "¡A toda campaña!" propónselle ao alumnado crear e dar a coñecer unha empresa de márketing dixital que se encargue de publicitar eventos da súa comunidade (centro educativo, barrio, concello, etc.). Isto permitiralle poñer en práctica estratexias para: facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais, aplicar medidas de protección identificando problemas e riscos, organizar a información de xeito estruturado e seguro e crear contidos e elaborar materiais relacionados co uso seguro das TIC respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.

O alumnado deberá tomar un papel activo e elaborar un dosier da súa empresa de publicidade para particiàr nun concurso de selección de empresas de márketing.  Ao mesmo tempo, terá que reflexionar sobre as súas aprendizaxes no Diario de Aprendizaxe.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA. Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Este recurso constitúe unha nova posibilidade educativa para o profesorado, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe e uso eficiente das TIC por parte do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)