Metodoloxía
Este REA está dentro do marco pedagóxico do proxecto cREAgal do que forma parte.
Dende o punto de vista metodolóxico, este REA presenta un carácter eminentemente práctico e cun enfoque competencial, sendo fundamentalmente activo e participativo e favorecendo a combinación do traballo individual e cooperativo na aula.
Para iso intégranse referencias á vida cotiá e á contorna do alumnado co fin de motivalo e facelo sentir parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe. En definitiva, trátase de procurar un enfoque que sexa:
- Personalizado: búscase a relación cos coñecementos previos do alumnado e propóñense actividades multinivel.
- Significativo: propíciase que o alumnado constúa os seus propios coñecementos, é dicir, que aprenda ao tempo que aprende a aprender, e que interiorice as diferentes experiencias e estratexias que lle fan afondar e desenvolver os seus coñecementos.
- Funcional: búscase a transferencia do aprendido a situacións reais do alumnado, neste caso faráselle responsable do deseñeo da campaña de promoción dun evento no seu centro educativo.
Nesta situación de aprendizaxe, aplicanse liñas metodolóxicas da materia de Tecnoloxía de Dixitalización, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento integral das competencias do alumnado:
- Aprendizaxe baseada en retos (ABR): o alumnado afrontará o reto de crear unha empresa de márketing dixital. En grupo, deberán construír esta empresa desde cero, aplicando coñecementos de compoñentes informáticos, medidas de seguridade dixital, manexo de software e ferramentas colaborativas. O obxectivo será utilizar estas habilidades para desenvolver un proxecto que non só cumpra coas esixencias tecnolóxicas, senón que tamén contribúa de maneira positiva á súa comunidade, reducindo barreiras dixitais e promovendo solucións inclusivas.
- A aplicación de distintas técnicas de traballo (complementarias) que promoven a participación do alumnado, favorecendo unha visión integral da disciplina que resalta o traballo colectivo para afrontar os desafíos e retos que propón a nosa sociedade, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.
- Aprender facendo (learning by doing): a práctica será o eixo central do proceso de aprendizaxe. Os estudantes adquirirán habilidades dixitais mediante o uso de software, o respecto da etiqueta dixital e os dereitos de autor. Aprenderán a empregar ferramentas tecnolóxicas de maneira ética, segura e eficiente, orientadas ao deseño, á comunicación e á difusión de solucións innovadoras.
- Aprendizaxe cooperativa e titoría entre iguais: o traballo en equipo terá un papel destacado, fomentando a colaboración e a aprendizaxe mutua. A interacción entre iguais potenciará o desenvolvemento de competencias dixitais, sociais e tecnolóxicas.
- O emprego de «Documentación e comunicación dixital», que implica un desenvolvemento de habilidades dixitais que facilitan a interacción do alumnado co seu ámbito social ao longo da súa vida.
- Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA): incorporanse estratexias que teñen en conta a diversidade do alumnado e se adaptan aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. Estas estratexias buscan garantir que todos os estudantes teñan oportunidades equitativas para participar e destacar, desde a resolución de problemas sinxelos ata retos máis complexos, proporcionando apoios específicos cando sexa necesario.