Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA5.2 — Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos, coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos. |
Utilizar de xeito eficiente e seguro distintos dispositivos dixitais para resolver problemas. |
TI |
UD 3 |
30 |
|
CA5.3.2 — Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. |
TI |
UD 3 |
10 |
|
CA5.4 — Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro. |
Organizar a información de maneira estruturada e segura. |
TI |
UD 3 |
40 |
|
CA5.5 — Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica. |
Protexer os dispositivos e datos utilizados no desenvolvemento do traballo. |
TI |
UD 3 |
20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); TI: Táboa de indicadores. | ||||