Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 10 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º de ESO,  englóbase no segundo trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. ¿Te crees lo que ves? (Mobilizar)

1.1. ¡A por el reto!

Sesión de motivación e presentación da situación de aprendizaxe e do reto a desenvolver.

1 sesión

2. ¿Ves lo que quieres?
 (Activar e recordar)

2.1. Recarga tu memoria.

2.2 Creando una empresa.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos, adquiridos nesta e noutras materias, sobre hardware e software. Introducción dos elementos para a creación dunha marca e a organización dunha empresa.

2 sesións

3. Equípate para el éxito 
(Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Compra informática.

3.2. Entorno virtual.

3.3 Mantente a salvo.

3.4. Derechos de autor.

3.5 Haz un backup.

Sesións con actividades informativas e interactivas de comprensión e aplicación dos coñecementos sobre seguridade na Rede, elementos do hardware e do software, benestar dixital, propiedade intelectual e etiqueta dixital. Inclúe unha sesión con actividades interactivas multinivel e opcións de escolla. Están deseñadas para a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento, por medio da exploración das sesións anteriores.

3 sesións

4. Vuestra empresa 
(Aplicar e comprobar)

4.1. Decálogo de seguridad.

4.2. La imagen de tu empresa.

4.3 Equipa tu empresa.

4.4. Cuña publicitaria.

4.5. ¿Y los documentos?

Sesións dirixidas á realización do reto proposto, guiando ao alumnado a través do documento técnico "Dosier de empresa".

3 sesións

5. Conclusión 
(Concluír e comunicar)

5. Conclusión.

Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos nos retos, auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos compañeiros/as.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)