Saltar navegación

3. Guía de uso

Futuro sostenible

No REA "Futuro sostenible" preténdese que o alumnado aplique o método de proxectos para deseñar e construír unha solución na que empregue os coñecementos adquiridos sobre as posibilidades que ofrece a electricidade e a electrónica para crear innovacións que contribúan a un futuro máis sostible.

O alumnado deberá, por tanto, exercer un papel activo no desenvolvemento técnico dunha maqueta que inclúa: a) un xerador de electricidade que funcione con enerxía renovable e b) un circuíto que axude á sostibilidade. Neste proceso, os estudantes disporán duns documentos de axuda: a Memoria Técnica do proxecto, que servirá de guía do proxecto, e o Diario de Aprendizaxe, que lles axudará a reflexionar sobre as aprendizaxes adquiridas no REA.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA. Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma nunha variedade de formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Este recurso constitúe unha nova posibilidade educativa para o profesorado, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe da electricidade e a electrónica por parte do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)