Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAgal para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º ESO está formada por un total de seis REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 13/05/2025), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela. 

O REA "Futuro sostenible" é número 4 e correspóndese coa unidade didáctica 4: "Proxecto electricidade e electrónica".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¡Todo en orden!" 1. Tecnoloxía, deseño e fabricación  CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4 17 1º Trimestre
REA 2: "Pasear sin barreras" 2. Proxecto de mecanismos CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 17 1º Trimestre
REA 3: "¡A toda campaña!" 3. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5 7 2º Trimestre
REA 4: "Futuro sostenible" 4. Proxecto electricidade e electrónica CA1.1.2, CA2.1.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.2.1, CA3.2.2, CA5.1.2, CA5.3.3 24 2º Trimestre
REA 5: "BienestarIA" 5. Programación CA4.1, CA4.2 15 3º Trimestre
REA 6: "Algoritmos en órbita" 6. Sistemas de control e robots CA1.1.3, CA2.1.3, CA2.2.3, CA2.3.3, CA3.3.1, CA3.3.2, CA4.3, CA5.1.3, CA5.3.4 20 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Aplicación de estratexias de resolución de problemas, de planificación, de técnicas colaborativas e seguindo un proceso desde a ideación ata a resolución e avaliación do resultado.
  • Desenvolvemento do pensamento computacional.
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe e  na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. 
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA contextualízase na unidade didáctica 4 da programación modelo de Proens e ten os seguintes contidos curriculares:

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
  • Estratexias de procura crítica de información para a investigación e a definición de problemas expostos.
  • Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
Bloque 1
  • Uso e mantemento de ferramentas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
  • Respecto das normas de seguridade e hixiene.
Bloque 2
  • Circuítos eléctricos básicos. Montaxe e/ou simulación de circuítos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Cálculos de magnitudes eléctricas básicas aplicados aos proxectos.
  • Introdución á electrónica. Montaxe e/ou simulación de circuítos electrónicos sinxelos.
  • Deseño de sistemas que incorporen circuítos eléctricos e electrónicos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxectos.
Bloque 3
  • Vocabulario técnico apropiado.
  • Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual.
  • Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
  • Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
Bloque 5

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida. 
OBX2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX3
Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX4 Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3
Competencia Plurilingüe (CP) CP2
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)