Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA3.2.1. Coñecer conceptos sobre electricidade e electrónica, para deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos que resolven un problema. |
Coñecer conceptos sobre electricidade e electrónica, para deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos básicos que resolven un problema. |
PE (Non incluída no REA) |
UD 4 | 25 |
|
CA1.1.2. Definir problemas ou necesidades sobre electricidade e electrónica expostas buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia. |
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto de manera crítica e fiable. |
TI | UD 4 | 5 |
|
CA2.1.2. Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas eléctricos e electrónicos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa. |
Idear e deseñar solucións eficaces que resolvan un problema proposto con actitude emprendedora e creativa. |
TI |
UD 4 | 5 |
|
CA2.2.2. Seleccionar, planificar e organizar os materiais e as ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema de electricidade e electrónica exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaborativa. |
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. |
TI | UD 4 | 5 |
|
CA2.3.2. Fabricar obxectos ou modelos eléctricos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. |
TI | UD 4 | 15 |
|
CA3.2.2. Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde. |
Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos básicos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde. |
TI | UD 4 | 25 |
|
CA5.1.2. Representar e comunicar o proceso de creación dun produto eléctrico/electrónico desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais e empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto. |
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. |
TI | UD 4 | 10 |
|
CA5.3.3. Crear contidos, elaborar materiais do proxecto de electricidade/electrónica configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital |
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar maioritariamente os dereitos de autor e a etiqueta dixital. |
TI | UD 4 | 10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||