Saltar navegación

1. Descrición xeral

Futuro sostenible

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación da electricidade e a electrónica para a resolución de problemas. Na SA (Situación de Aprendizaxe) o alumnado terá que analizar as posibilidades que a electricidade e a electrónica ofrecen para deseñar e construir innovacións, con circuítos eléctricos e electrónicos, que axuden a conseguir un futuro mais sostible.

O alumando estudará os diferentes elementos dos circuítos eléctricos e os compoñentes básicos dos circuítos electrónicos. Faise especial fincapé en continuar a traballar de xeito correcto e seguro no taller e en realizar unha documentación técnica precisa para o proxecto con ferramentas dixitais.

O Método de Proxectos será articulará o desenvolvemento da SA na aula, buscando a asimilación da aprendizaxe en forma dun produto final que cumpra uns requirimentos previos, establecidos na Rúbrica de Avaliación.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Identificar e analizar problemas relacionados coa electricidade e a electrónica, buscando información de fontes confiables e avaliando a súa pertinencia.
  2. Comprender conceptos básicos de electricidade e electrónica para deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos que resolvan problemas.
  3. Deseñar solucións innovadoras e sostibles para problemas eléctricos e electrónicos, aplicando coñecementos interdisciplinarios e criterios de  sostibilidade.
  4. Construír modelos sinxelos que incorporen circuítos eléctricos e electrónicos básicos nun sistema que resolva un problema real utilizando ferramentas axeitadas e respetando as normas de seguridade no traballo.
  5. Documentar o proceso de deseño e construcción do proxecto, utilizando ferramentas dixitais e linguaxe técnico axeitado.
  6. Crear contidos e materiais sobre o proxecto, aproveitando ferramentas dixitais e respectando os dereitos de autor.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)