Saltar navegación

3. Guía de uso

BienestarIA

O REA “BienestarIA” ten como finalidade iniciar ao alumnado na creación de modelos básicos de IA, ademais de continuar afondando na interpretación e deseño de solucións a problemas informáticos mediante o uso creativo dos elementos e técnicas de programación. O reto que se propón neste REA consiste na elaboración dunha aplicación sinxela empregando modelos de IA xerados en LearningML e programados con Scratch.

No que atinxe á aplicación LearningML, o alumnado aprenderá acerca de: os pasos para entrenar a aplicación, os tipos de datos a utilizar, como adestrala e como obter un modelo de aprendizaxe. Ademais, deberá probar si seu funcionamento e o adecuado. Por último, o alumnado programará unha aplicación en Scratch que use o modelo creado en LearningML, que conta cunhas extensións para tal fin.

Indicar tamén que non existe un modo único de organizar os datos (nin o seu tipo) para entrenar a aplicación LearnigML. Polo tanto, o alumnado pode ir descubrindo como organizar ditos datos e probar o seu funcionamento. Poderá ir avanzando na creación do seu modelo e retrocedendo cando comprobe que o funcionamento do modelo non é o axeitado ou esperado.

Este recurso afonda nos diferentes tipos de aprendizaxe dunha IA para o seu coñecemento preciso ata chegar ao xeito mais empregado na actualidade, mostrando en todos eles un exemplo práctico clarificador.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA. Así, presentan diferentes versións da información, diversificando o acceso á mesma nunha variedade de formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)