Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAagal para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º ESO está formada por un total de seis REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 13/05/2025), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela. 

O REA "BienestarIA" é número 5 e correspóndese coa unidade didáctica 5: "Programación".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¡Todo en orden!" 1. Tecnoloxía, deseño e fabricación  CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4 17 1º Trimestre
REA 2: "Pasear sin barreras" 2. Proxecto de mecanismos CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 17 1º Trimestre
REA 3: "¡A toda campaña!" 3. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5 7 2º Trimestre
REA 4: "Futuro sostenible" 4. Proxecto electricidade e electrónica CA1.1.2, CA2.1.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.2.1, CA3.2.2, CA5.1.2, CA5.3.3 24 2º Trimestre
REA 5: "BienestarIA" 5. Programación CA4.1, CA4.2 15 3º Trimestre
REA 6: "Algoritmos en órbita" 6. Sistemas de control e robots CA1.1.3, CA2.1.3, CA2.2.3, CA2.3.3, CA3.3.1, CA3.3.2, CA4.3, CA5.1.3, CA5.3.4 20 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Desenvolvemento do pensamento computacional.
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe e  na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. 
    • Especialmente cos ODS 3 (Saúde e benestar), 4 (Educación de calidade) e 9 (Industria, innovación e infraestrutura).
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 2º da ESO, contextualízase na unidade 5 "Programación"

Esta unidade didáctica inclúe: unha introducción á intelixencia artificial, describindo o que é e os diferentes métodos que usa para replicar a intelixencia humana; a aplicación práctica de todo o anterior, mediante a xeración de diferentes modelos de IA; e a programación dunha aplicación en Scratch, onde se usan ditos modelos.

Contidos Bloque da materia
  • Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador e/ou dispositivos móbiles.
  • Introdución á intelixencia artificial.
  • Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque 4

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control ou en robótica.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia Plurilingüe (CP) CP2.- A partir das súas experiencias, realiza transferencias entre distntas linguas como estratexia de comunicarse e ampliar o seu repertorio lingüistico individial.
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1.- Utiliza métodos indutivos e dedutivos propios do razoamento matemático en situacións coñecidas, e selecciona e emprega diferentes estratexias para resolver problemas analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, se fose necesario.

STEM3.- Formula e desenvolve proxectos deseñando, fabricando e avaliando diferentes prototipos ou modelos para xerar ou utilizar produtos que dean solución a unha necesidade ou problema de forma creativa e en equipo, procurando a participación de todo o grupo, resolvendo pacificamente os conflitos que poidan xurdir, adaptándose ante a incerteza e valorando a importancia da sustentabilidade.

Competencia dixital (CD) CD5.- Desenvolve aplicacións informáticas sinxelas e solucións tecnolóxicas creativas e sustentables para resolver problemas concretos ou responder a retos propostos, mostrando interese e curiosidade pola evolución das tecnoloxías dixitais e polo seu desenvolvemento sustentable e uso ético.
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA5.- Planea obxectivos a medio prazo e desenvolve procesos metacognitivos de retroalimentación para aprender dos seus erros no proceso de construción do coñecemento.
Competencia emprendedora (CE) CE3.-  Desenvolve o proceso de creación de ideas e solucións valiosas e toma decisións, de maneira razoada, utilizando estratexias áxiles de planificación e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e o resultado obtido, para levar a termo o proceso de creación de prototipos innovadores e de valor.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)