BienestarIA
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ofrece ao alumnado una profundización no tema de Programación, que se iniciou no 1º curso da ESO, así como unha iniciación aos conceptos de Intelixencia Artificial.
A situación de aprendizaxe ofrece ao alumnado o reto de deseñar, construír e presentar un asistente intelixente co obxectivo de mellorar o benestar da comunidade escolar.
Dito asistente se centrará en un espazo (a elexir entre dez) nos que se move a comunidade escolar. E achegará solucións usando unha das seguintes tecnoloxías: recoñecemento de texto, recoñecemento de imaxe ou sistemas expertos.
As metas de aprendizaxe son:
- Empregar aplicacións informáticas sinxelas para crear solucións prácticas relacionadas coa saúde e o benestar.
- Coñecer os conceptos básicos da intelixencia artificial (IA) e a súa aplicación nun contexto real como é o ámbito do benestar e dos hábitos saudables.
- Desenvolver a autoconfianza e a iniciativa durante o proceso de creación de programas informáticos, entendendo o erro como parte natural da aprendizaxe e practicando a reavaliación e depuración de erros para mellorar as túas propostas.