Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA é un recurso que forma parte e está dentro do marco pedagóxico do proxecto cREAgal.

Dende o punto de vista metodolóxico, este REA presenta un carácter eminentemente práctico e cun enfoque competencial, sendo fundamentalmente activo e participativo e favorecendo a combinación do traballo individual e cooperativo na aula.

Para iso intégranse referencias á vida cotiá e á contorna do alumnado, con fin de motivalo e facelo sentir parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe; e dicir, buscar un enfoque que sexa:

  • Personalizado: búscase a relación cos coñecementos previos do alumnado e propóñense actividades multinivel.
  • Significativo: o alumnado constrúe os seus propios coñecementos; é dicir, aprende ao tempo que aprende a aprender, e interioriza as diferentes experiencias e estratexias que lle fan afondar e desenvolver os seus coñecementos.
  • Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais e con conexión co seu mundo real.

Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Tecnoloxía e Dixitalización, cun carácter esencialmente práctico e cun enfoque competencial do currículo. Para iso, utilízanse as seguintes metodoloxías:

  • resolución de problemas baseada no desenvolvemento dos proxectos propostos (retos): construción de aplicacións baseadas en IA, así como outras estratexias que favorecen o uso de aplicacións dixitais para o deseño, o dimensionado, a comunicación ou a difusión de ideas ou solucións.
  • A aplicación de distintas técnicas de traballo (complementarias) promovendo a participación do alumnado, favorecendo unha visión integral da disciplina que resalta o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.
  • Unha contorna de traballo axeitada, na que se propicia que o alumnado explore, descubra, experimente, aplique e reflexione sobre o que fai. Esa implicación fará que a aprendizaxe sexa máis significativa e duradeira.
  • A programación de aplicacións baseadas en IA, que favorecen o uso de aplicacións dixitais para o deseño, a simulación, o dimensionado, a difusión de ideas e a presentación de solucións.
  • O emprego de «Documentación e comunicación dixital», que implica un desenvolvemento de habilidades dixitais que facilitan a interacción do alumnado co seu ámbito social ao longo da súa vida.
  • Uso de metodoloxías que teñen en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado (DUA), que favorecen a capacidade de aprender por si mesmo, e que promoven o traballo en equipo con perspectiva de xénero, guiando o alumnado e poñendo en práctica, de ser necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.
  • A programación de aplicacións baseadas en IA tendo en conta o deseño, a elección de diferentes espazos para a súa aplicación e a súa programación dentro dunha temática sostible e respectuosa co ambiente (ODS - obxectivos de desenvolvemento sostible) e coas normas de seguridade e hixiene.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)