Sobre este REA
O presente REA expón as principais características da Monarquía Hispánica, na figura dos Reis Católicos, dos principais pobos precolombianos e do descubrimento e conquista de América. Partindo de noticias actuais sobre ditos temas, o alumnado terá que recoller información, analizala e sacar conclusións de como foi o proceso e de si foi negativo o positivo para os pobos que habitaban o territorio con anterioridade á chegada dos europeos.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e con lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá decidir, a través da simulación dun xuízo, da recreación dun diario de viaxe e da análise de textos, se as críticas actuais ao descubrimento e á conquista de América son xustas ou non. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poda conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter unha sociedade máis xusta e igualitaria.