Metodoloxía
Este REA está inxerido dentro do proxecto cREAgal que está pensado para crear e ofrecerlle aos docentes recursos educativos en aberto.
Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:
- Flexibilidade a través de actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado.
- Papel activo do alumnado no proceso ensinanza-aprendizaxe, sendo o centro do mesmo.
- Potenciación da autonomía do alumnado e da súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender)
- Importancia da aprendizaxe:
- Significativa, partindo dos coñecementos previos como base para adquirir outros novos.
- Práctica, baseada na resolución de problemas (retos).
- Funcional, onde se conectan situacións reais coa contorna do alumnado.
- Contidos traballados dun xeito cooperativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.
- Adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.
- Traballo de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.
- Perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.
- Emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Implementación de estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.
- Retroalimentación e avaliación permanente ao longo de todo o proceso.
- Adaptación aos diferentes ritmos de aprendizaxe e á diversidade do alumnado (DUA).