Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía HIspánica
O presente REA (Recuso Educativo Aberto) vai dirixido ao alumnado da materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO. Os contidos do REA recollen os das unidades 6 (A Monarquía Hispánica) e 7 (A conquista e colonización de América) da proposta de programación recollida en PROENS. Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases anteriores do recurso. Así, a través dos textos contidos no REA como no material descargable, o alumnado aprenderá a analizar a sociedade, a economía, a organización social e a cultura dos pobos precolombianos e da Monarquía Hispánica, ademais de coñecer o proceso de colonización de Hispanoamérica, para axudarlle a entender a configuración actual do continente suramericano e de España.
Como reto final debera elaborar unha serie de materiais, usando diferentes ferramentas, que lle axudara a adquirir unha serie de competencias de cara a analizar e expresar os aspectos máis salientables das diferentes culturas que entraron en contacto co descubrimento e dos intercambios que se produciron durante a conquista e nos séculos posteriores.