Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións(as das unidades 6 e 7) e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 2º de ESO, englóbase no segundo trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Un problema antigo pero actual |
|
Actividades de motivación e presentación do reto final | 2 sesións |
| 2. Repasando o que sabemos |
|
Repaso de coñecementos previos sobre o tema | 1 sesión |
| 3. Comeza a travesía |
3.1. Larga vida ao rei!: os Reis Católicos e o nacemento da Monarquía Hispánica:
3.2. A ver que descubrimos!: unha época de exploracións:
3.3. Sorpresa, sorpresa!: quen estaba en América? Os pobos precolombianos:
3.4. Caderno de bitácora: evolución e organización da conquista:
3.5. Novos tempos: a nova sociedade hispánica:
|
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto formulado na situación de aprendizaxe. |
10 sesións |
| 4. Chegamos a porto: o reto final |
4.1. Hai que organizarse:
4.2. Damos a coñecer os nosos coñecementos |
Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha plasmación de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. | 4 sesións |
| 5. Conclusión | Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. | 1 sesión |