Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens)

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA2.4: Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.

Comprende os principais feitos históricos da Monarquía Hispánica.

PE (En PROENS)

TI

6/7 20
CA3.3: Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas que se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais. Identifica as principais revoltas sociais ocorridas contra a monarquía hispánica entre os séculos XV e XVII. PE (En PROENS) 6 20
CA1.2: Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e  valorando fontes diversas.  Analiza criticamente a identidade cultural do mundo hispanofalante. TI 6/7 10
CA2.1: Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas. Diferencia entre fontes primarias e secundarias sobre a Monarquía Hispánica. TI 6/7 10
CA2.5: Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados,
destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.

É capaz de comprender a heteroxeneidade da sociedade hispánica moderna. TI 6/7 10
CA2.7: Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.

Debate sobre as orixes da idea de España
na monarquía dos Reis Católicos.
PE (En PROENS) 6/7 20
CA1.3: Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas e analizar a súa transformación e
degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvoltas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Entende o proceso de colonización de América e a explotación dos seus
recursos naturais.
TI 7 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos emprega­dos
CA1.2: Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
  1. Comprobando o que sabes / Sección 3.3.
  2. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Táboa de rúbricas
CA1.3: Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvoltas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
  1. Escolla múltiple / Sección 3.2.
  2. Comprobando o que sabes / Sección 3.3.
  3. Rosco / Sección 3.4.
  4. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Táboa de rúbricas
CA2.1: Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
  1. Investiga / Sección 2
  2. Reto final / Sección 4
  1. Táboa de rúbricas
  2. Táboa de rúbricas
CA2.4: Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
  1. Cada protagonista na súa casilla / Sección 2
  2. Descubrindo aos protagonistas / Sección 2
  3. Investiga / Sección 2
  4. Sopa de letras / Sección 3.1.
  5. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Táboa de rúbricas
  4. Retroalimentación
  5. Táboa de rúbricas
CA2.5: Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando grupos sometidos e silenciados.
  1. Escolla múltiple / Sección 3.5.
  2. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Táboa de rúbricas
CA2.7: Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas en España e Galicia, interpretando o seu uso e mostrando actitude de respecto e tolerancia.
  1. Sopa de letras / Sección 3.1.
  2. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Táboa de rúbricas
CA3.3: Sinalar e explicar experiencias históricas destacables nas que se lograron sistemas políticos que favoreceron dereitos e liberdades.
  1. Escolla múltiple / Sección 3.5.
  2. Reto final / Sección 4
  1. Retroalimentación
  2. Táboa de rúbricas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)