Sobre este REA
O presente REA expón as principais características do Humanismo e os cambios que se produciron en Europa a partir deste movemento cultural, facendo fincapé nas manifestacións artísticas (Renacemento e Barroco), nas controversias relixiosas (Reforma e Contrarreforma), na política (o xurdimento das monarquías absolutas), ademais de atender ás características particulares da Monarquía Hispánica durante o século XVII.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e con lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá solucionar, a través dunha serie de produtos finais, adaptados ás diferentes capacidades do alumnado. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poda conectar os contidos da unidade co seu entorno local, nacional ou internacional, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter unha sociedade máis xusta e igualitaria.