Saltar navegación

1. Descrición xeral

Combatendo trolas: os avances do ser humano

O presente REA (Recuso Educativo Aberto) vai dirixido ao alumnado da materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO. Os contidos do REA recollen os das unidades 8 (Renacemento e Reforma) e 9 (O século do Barroco) da proposta de programación recollida en PROENS. Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases anteriores do recurso. Así, a través dos textos contidos no REA como do material descargable, o alumnado coñecerá todos os cambios políticos, económicos, sociais, científicos e artísticos que se produciron a partir do Humanismo e que lle axudaran a ter un amplo coñecemento desa época.

Como reto final deberá elaborar unha serie de materiais, usando diferentes ferramentas, que lle axudará a adquirir unha serie de competencias de cara a analizar e expresar as características máis salientables dese período histórico, ademais de desmentir moitos das trolas ou loiadas que na actualidade cuestionan algúns dos coñecementos científicos xurdidos neses séculos. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)