Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA está enmarcado no proxecto cREAgal, pensado para crear e ofrecerlle aos docentes recursos educativos en aberto. 

Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:

  • Flexibilidade a través de actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado.
  • Papel activo do alumnado no proceso ensinanza-aprendizaxe, sendo o centro do mesmo.
  • Potenciación da autonomía do alumnado e da súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender)
  • Importancia da aprendizaxe:
    • Significativa, partindo dos coñecementos previos como base para adquirir outros novos.
    • Práctica, baseada na resolución de problemas (retos).
    • Funcional, onde se conectan situacións reais coa contorna do alumnado.
  • Contidos traballados dun xeito cooperativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.
  • Adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.
  • Traballo de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.
  • Perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.
  • Emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Implementación de estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.
  • Retroalimentación e avaliación permanente ao longo de todo o proceso.
  • Adaptación aos diferentes ritmos de aprendizaxe e á diversidade do alumnado (DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)