Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 2º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas en algúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa inclúe un total de seis REA, cunha distribución de dous por trimestre. O único cambio significativo respecto á programación modelo de Proens utilizada como base afecta á temporalización da UD 8, que se traslada do segundo ao terceiro trimestre.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Misterio no mosteiro: a Alta Idade Media na Península Ibérica" UD1 Os reinos altomedievais
UD4 A Península Ibérica na Idade Media e o reino medieval de Galicia
CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA 3.6 13% 1º trimestre
REA 2: "Unha luminosa Idade Media" UD2 A Europa feudal
UD3 Románico, gótico e arte islámica
CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.2, CA3.6, CA3.7 12% 1º trimestre
REA 3: "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" UD5 Crise feudal e Baixa Idade Media CA1.6, CA2.1, CA2.3 CA2.5, CA3.2, CA3.3 10% 2º trimestre
REA 4: "Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica" UD6 A Monarquía Hispánica
UD7 A conquista e colonización de
América
CA1.2, CA1.3, CA2.1, CA2.4, CA2.5, CA2.7, CA3.3 20% 2 trimestre
REA 5: "Combatendo trolas: os avances do ser humano" UD8 Renacemento e Reforma
UD9 O século do Barroco
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 18% 3º trimestre
REA 6: "Un mundo cheo pero desigualmente repartido" UD10 Os desafíos demográficos
UD11 Un mundo de cidades
UD12 Desigualdade e cooperación
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 27% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica artéllase a través dos seguintes eixes:

  • Traballar de forma colaborativa e individual para adquirir unha serie de competencias que lle axude ao alumnado a reflexionar e a coñecer de forma profunda os contidos traballados.
  • Ampliar o coñecemento e poñer en práctica os principais ODS da axenda  2030 traballados de forma transversal no REA.
  • Relacionar acontecementos do mundo actual como consecuencias de procesos históricos pasados.
  • Recoñecer o papel da muller e doutros colectivos ao longo da Historia como axentes principais e non secundarios da mesma.
  • Acadar unha sociedade na que destaquen os valores da paz, da igualdade e da xustiza.
  • Poñer en valor os coñecementos científicos en relación co progreso da sociedade. 

Por outra banda, o REA está pensado para traballar de xeito transversal moitos dos ODS da Axenda 2030, como, por exemplo:

  • Saúde e benestar (obxectivo 3)
  • Educación de calidade (obxectivo 4)
  • Igualdade de xénero (obxectivo 5)
  • Industria, innovación e infraestruturas (obxectivo 9)
  • Redución das desigualdades (obxectivo 10)
  • Paz, xustiza e institucións sólidas (obxectivo 16).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que Proens propón para a materia de Xeografía e Historia de 2º de E.S.O.

O material recolle contidos dos tres bloques, en concreto os das unidades 8 (Renacemento e Reforma) e 9 (O século do Barroco)

Contidos Bloque da materia
  • Igualdade. Situacións discriminatorias das nenas e das mulleres no mundo. Roles de xénero e a súa manifestación en todos os ámbitos da sociedade e da cultura.
  • A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral, cidadá e á convivencia social.
Bloque 1
  • Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.
  • A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo medieval e moderno. Evolución da teoría do poder.
  • A construción das identidades culturais, da idea de Europa e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte durante a Idade Media e a Idade Moderna. Relacións coa civilización islámica.
  • O papel da relixión na organización social, a lexitimación do poder e a formación de identidades. Herexías, persecucións e guerras de relixión.
  • A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social durante a Idade Media e a Idade Moderna.
  • Significado e función das expresións artísticas e culturais nas distintas civilizacións. O barroco galego. Diversidade e riqueza cultural. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
  • Ciencia, medicina e avances tecnolóxicos. A loita contra epidemias e pandemias. Racionalismo e empirismo na explicación da realidade fronte ás supersticións.
Bloque 2
  • Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
  • Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.
  • Convivencia cívica e cultura democrática. Incorporación e implicación na sociedade civil en procesos democráticos. Participación en proxectos comunitarios.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX 3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do
tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX 5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX 6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX 7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL5
Competencia Plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM3, STEM4, STEM5
Competencia Dixital (CD) CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)