Temporalización do REA
Esta unidade levarase a cabo en 18 sesións(as das unidades 8 e 9) e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 2º de ESO, englóbase no segundo trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Trolas e actualidade |
O mundo cambia Viva o coñecemento! |
Actividades de motivación e presentación do reto final |
2 sesións |
|
2. Que sabemos? |
Que sabemos? |
Repaso de coñecementos previos sobre o tema |
1 sesión |
|
3. Comezamos a recuperar os coñecementos |
3.1. O espertar do ser humano: Humanismo e desenvolvemento científico. 3.2. Amarás ao próximo!: Reforma e Contrarreforma. 3.3. Aquí mando eu!: as monarquías absolutas. 3.4. O Renacemento: A perfección da arte. 3.5. A arte do Barroco: o gran teatro do mundo. 3.6. A caída dun imperio: a crise da Monarquía Hispánica. |
Sesións dedicadas á ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto proposto na situación de aprendizaxe. |
10 sesións |
|
4. Reconstruímos o coñecemento: o reto final |
4.1. Organizámonos:
4.2. Transmitimos os saberes |
Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha plasmación de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. |
4 sesións |
|
5. Conclusión |
Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. |
1 sesión |