Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos oito que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 2º de ESO.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 13/05/2025).

Os 13 temas deste modelo foron redistribuídos segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: 📱 1-1-2

UD1: Números enteiros

UD2: Potencias e raíces.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.4

CA1.1, CA1.2

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 2: XeaMat

UD3: Fraccións e decimais

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.2, CA1.3

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

4 %

11 sesións T1

11 sesións T1

1 sesión T1

REA 3: ReMates y ReTales

UD4: Magnitudes proporcionais. Porcentaxes

UD5: Semellanza

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5

CA3.4, CA3.6

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

5 %

4 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 4: Academia de Detectives

UD6: Álxebra

UD7: Ecuacións e sistemas

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.3, CA4.4, CA4.8

CA4.1, CA4.2, CA4.5

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

6 %

3 %

11 sesións T2

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 5: El Mathington Post

UD8: Funcións. Táboas e gráficas

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA4.5, CA4.6, CA4.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

4 %

11 sesións T2

1 sesión T2

REA 6: El tiempo en tu mochila

UD9: Estatística

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA5.1, CA5.2, CA5.3,CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

4 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 7:  
De puente a puente

UD10: Sistemas de medida

UD11: Lonxitudes e áreas

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.5, CA3.5

CA2.3, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

5 %

6 %

4 %

11 sesións T3

1 sesión T3

REA 8: Y al final, ¡el Faro!

UD12 :Corpos xeométricos.

UD13: Matemáticas para a vida en sociedade.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA3.7

CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.5

6 %

4 %

11 sesións T3

11 sesións T3

1 sesión T3

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 2.º de ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 4. "Magnitudes proporcionais. Porcentaxes", 5. "Semellanza" e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contidos 1. "Sentido numérico", 3. "Sentido espacial" e 6. "Sentido socioafectivo".

A proposta é traballalo no primeiro trimestre, como terceira unidade.

Contidos Bloque da materia
  • C1.4 - Razonamiento proporcional.
    • C1.4.1 - Comprensión e representación de razóns e proporcións en relacións cuantitativas.
    • C1.4.2 - Recoñecemento das relacións de proporcionalidade directa, inversa e composta. Constante de proporcionalidade. Reparticións proporcionais.
    • C1.4.3 - Comprensión e utilización de porcentaxes na resolución de problemas.

Bloque 1

Sentido numérico

  • C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.
    • C3.1.3 - Recoñecemento de figuras semellantes. O teorema de Tales.
    • C3.1.4 - Aplicación de escalas no cálculo de distancias en situacións da vida real.

Bloque 3

Sentido espacial

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.

Bloque 6

Sentido socioafectivo

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 5
Recoñecer e utilizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos interconectando conceptos e procedementos para desenvolver unha visión das matemáticas como un todo integrado.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)