ReMates y ReTales
O REA ReMates y ReTales fai un percorrido polos sentidos numérico, espacial e socioafectivo que corresponden ao curso de 2.º da ESO.
O fío condutor é a moda sostible, poñendo en valor a industria galega.
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: "Fast fashion".
- Exploración: "Reciclando ideas".
- Conexión: "Cosiendo ideas".
- O reto final: "ReMates".
- Conclusión: "Pasarela final".
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, a creación dunha orde de traballo, unha bolsa de tea e unha etiqueta. Tamén se crean os equipos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 faise un repaso polos principais coñecementos abordados en 1.º da ESO sobre proporcionalidade e porcentaxes, contextualizados en situacións da industria da moda.
Na fase 3 introdúcense novos contidos como as magnitudes inversamente proporcionais, os aumentos e disminucións porcentuais, e a proporcionalidade xeométrica, todos eles dentro da resolución de problemas con maior ou menor complexidade, para desenvolver de xeito individual e grupal.
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, creando a bolsa de tea e ao mesmo tempo faise unha revisión da orde de fabricación e da etiqueta.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase.
En todas os apartados deste REA hai introduccións de contextos vinculados aos contidos e exercicios propostos. Ademais hai vídeos que motivan e fomentan a creatividade, así como imaxes cunha intencionalidade concreta segundo o contido e o contexto traballado.
Compre dicir que algúns deses vídeos son longos polo que se incluiu só a parte que se considerou importante para captar a idea, non se recomenda a visualización completa na aula. Do mesmo xeito, algúns dos contextos vinculados aos enunciados poden acurtarse empregando a lectura facilitada.
As actividades están deseñadas para asentar o pensamento crítico e axudar á comprensión, conexión e memorización dos contidos a distintos niveis para que estean ao alcance de todo o alumnado.
Inclúense tarefas máis complexas que levan a indicación de "ampliación" para alumnado que queira completar a súa aprendizaxe.