Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 23 sesións, proponse impartila ao remate do primeiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Magnitudes proporcionais. Porcentaxes" (11 sesións), "Semellanza" (11 sesións) e o transversal 1 "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. "Fast fashion" |
1.1. ¿La ropa caduca? 1.2. Un reto sostenible |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto. Descríbese a formación de equipos e os elementos que compoñen o reto. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. Reciclando ideas |
2.1. Tallas proporcionales 2.2. Moda, rebajas e IVA 2.3. Noticias de moda |
Sesións para conectar cos coñecementos de 1.º da ESO. Faise un repaso dos conceptos de proporcionalidade e porcentaxes. Introdúcese o concepto de magnitudes e identifícanse as que son proporcionales e as que non. Primeras actividades relacionadas coa moda e o reto facendo uso das magnitudes directamente proporcionales. Inclúense os primeiros problemas contextualizados que precisan cálculos de porcentaxes. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Cosiendo ideas |
3.1. Comercio justo 3.2. Reciclando telas 3.3. Etiquetas en cadena 3.4. Huella de carbono 3.5. Condiciones laborales 3.6. Tejiendo a la última 3.7. Diseñadoras por un día 3.8. Patronaje 3.9. Productos de proximidad 3.10. Orden de fabricación |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos: 3.1., 3.2. e 3.3. Aumento e disminución porcentual, porcentaxes en cadena. Actividades contextualizadas na composición das prendas de roupa. (3 sesións) 3.4. Magnitudes proporcionais e non proporcionais. Proporcionalidade directa, inversa ou outra. Razón de proporcionalidade. Actividades contextualizadas no cálculo da pegada de carbono. (2 sesións) 3.5. Proporcionalidade composta. Actividades contextualizadas nas matemáticas presentes na industria da moda e a súa loxística. (2 sesións) 3.6. Reparto directa e inverso. Actividades contextualizadas na obtención de axudas económicas. (1 sesión) 3.7. Figuras semellantes e razón de semellanza. Actividades contextualizadas na creación dun diseño dunha bolsa de tela. (2 sesións) 3.8. Teorema de Tales. Actividades contextualizadas nas proporcionalidades entre un deseño e o patrón dunha prenda de roupa. (2 sesións) 3.9. Escalas. Actividades contextualizadas no cálculo de distancias. (2 sesións) 3.10. Resumo dos conceptos e procedementos aprendidos e esquematización da información obtida na realización das actividades contextualizadas do reto. (1 sesión) Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis: - máis sinxelas de aplicación directa e autocorrexibles, - visuais e interactivas a través de aplets de GeoGebra - problemas multinivelados con enunciados máis complexos (lectura e datos, varias solucións ou formas de interpretar, modelización de fórmulas alxébricas...). A maioría dos problemas relacionados co reto preséntanse en forma de actividades grupais. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
15 sesións |
|
Reto final: 4. ReMates |
4.1. Inspírate 4.2. Confecciona |
Sesións para a realización dunha bolsa de tea na aula ou en Polos Creativos. Proponse que repasen a etiqueta e a orden de fabricación da bolsa de tea antes da presentación e entrega finais. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
3 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. Pasarela final |
5. Pasarela final |
Sesións vinculadas á síntese dos resultados obtidos e á avaliación destes. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de grupos e do tempo que se dea a cada un deles. Autoavaliación e coavaliación. Proba escrita (non incluída). |
2 sesión |