Saltar navegación

3. Guía de uso

Academia de Detectives

O REA "Academia de Detectives" fai un percorrido polos sentidos alxébrico e socioafectivo que corresponden ao curso de 2º da ESO.

O fío condutor é a resolución de casos policiais, propoñendo para conseguilo a matriculación do alumnado nunha academia de detectives ficticia.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Motivación: "¿Quieres ser detective?"
  2. Activación: "¡Matricúlate!"
  3. Estruturación: "Misterios sin resolver"
  4. Aplicación: "El misterio lo creas tú"
  5. Conclusión: "¡A investigar!"

Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar (creación dun caso policial) e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora. Moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.

Na fase 2 repásanse os principais coñecementos abordados no curso anterior sobre álxebra, contextualizados en situacións policiais e detectivescas.

Na fase 3 introdúcense novos contidos como as operacións con polinomios, a resolución de ecuacións de segundo grado ou a resolución de sistemas lineais; todos eles nun contexto de investigacións policiais e detectivescas de maior ou menor complexidade, para resolver de xeito individual e grupal.

Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, deséñase un novo caso policial ao tempo que se revisan os problemas que se traballaron previamente.

Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo con toda a clase.

O substrato do REA

A idea básica é traballar a competencia matemática facendo que o alumnado busque a información que precise para a resolución dun problema alxébrico e a modelice. É por iso polo que os datos, en moitas ocasións, non se proporcionan directamente.

Neste proceso terán que decidir que necesitan, que é relevante e que é accesorio.

No suposto de que estes datos non estean dispoñibles haberá que crear respostas abertas en función das variables.

A intención das persoas elaboradoras é a de proporcionar un contexto amable no que desenvolver estas competencias, fomentando a creatividade e o traballo en equipo.

A dificultade do reto final (elaboración en grupo dun caso policial a través dun soporte audiovisual) vai depender do modelo de caso que se escolla (entre a lista proporcionada), e da cantidade de cambios que o equipo decida facer.

É importante que a persoa docente faga as orientacións oportunas para que cada equipo teña un reto acorde ao seu nivel.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)