Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 2º de ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 6. "Álxebra",  7. "Ecuacións e sistemas" e "Matemáticas para a vida en sociedade".

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contidos 4. "Sentido alxébrico" e 6. "Sentido socioafectivo".

A proposta é traballalo no segundo trimestre, como unidade inicial, a continuación do REA 3 (proporcionalidade e semellanza).

Como consecuencia, os temas que estaban a continuación, seguen este cambio, quedando a orde como segue: álxebra (inclúe ecuacións), funcións, estatística, e xeometría (inclúe medida).

Contidos Bloque da materia
  • C4.1 - Modelo matemático.
    • C4.1.1 - Modelización de situacións sinxelas da vida cotiá usando representacións matemáticas e a linguaxe alxébrica.
    • C4.1.2 - Dedución de conclusións razoables sobre unha situación da vida cotiá unha vez modelizada.
    • C4.1.3 - Uso da linguaxe alxébrica para obter fórmulas e termos xerais baseados na observación de pautas e regularidades.
    • C4.1.4 - Operacións con expresións alxébricas sinxelas. Identidades.
  • C4.2 - Variable.
    • C4.2.1 - Comprensión do concepto de variable nas súas diferentes naturezas.
  • C4.3 - Igualdade e desigualdade.
    • C4.3.1 - Uso da álxebra simbólica para representar relacións lineais e cadráticas en situacións da vida cotiá.
    • C4.3.2 - Identificación e aplicación da equivalencia de expresións alxébricas na resolución de problemas baseados en relacións lineais e cadráticas.
    • C4.3.3 - Procura de solucións en ecuacións lineais e cadráticas cunha incógnita. Aplicación a problemas contextualizados. Interpretación das solucións.
    • C4.3.4 - Resolución alxébrica e gráfica de sistemas de dúas ecuacións lineais e dúas incógnitas. Aplicación a problemas contextualizados.
    • C4.3.5 - Uso da tecnoloxía para resolver e comprobar as solucións de ecuacións e sistemas de ecuacións lineais.
  • C4.5 - Pensamento computacional.
    • C4.5.1 - Xeneralización e transferencia de procesos de resolución de problemas a outras situacións.
    • C4.5.2 - Identificación de estratexias para a interpretación e a modificación de algoritmos.
Bloque 4
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
Bloque 6

Obxectivos Descrición
OBX 2
Analizar as solucións dun problema usando diferentes técnicas e ferramentas e avaliando as respostas obtidas para verificar a súa validez e idoneidade desde un punto de vista matemático e a súa repercusión global.
OBX 3
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX 4
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 8
Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)