El tiempo en tu mochila
O REA "El tiempo en tu mochila" fai un percorrido polos principais coñecementos dos sentidos estocástico e socioafectivo que corresponden ao curso de 2.º da ESO.
O fío condutor é a elaboración dun estudo estatístico de algunhas variables do tempo en distintas estacións meteorolóxicas do Camino de Santiago, empregando coñecementos de estatística traballados na aula.
O estudo deberá seguir unhas pautas dadas (definir variables, recompilar, organizar, resumir e representar datos, extraer conclusións e presentalo nun informe final. Ademais, será preciso a creación dun pódcast para dar publicidade ao estudo.
O REA ten cinco fases ben diferenciadas:
- Descrición: "Camino a Galicia".
- Exploración: "El tiempo en tu mochila".
- Conexión: "Elige tu propio Camino".
- O reto final: "Ya tenemos Camino".
- Conclusión: "El final del Camino".
Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, e tamén onde se crean os equipos de traballo. Ademais comeza a historia dun persoaxe de ficción, Xurxo, que, xunto coa súa familia e unha amiga, Iria, farán de guías ao longo das seguintes fases.
Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
Na fase 2 faise un repaso polos principais coñecementos abordados no curso de 1º de ESO sobre estatística.
Na fase 3 abórdanse os contidos deste curso, e faise unha inmersión na situación de aprendizaxe, a través da recompilación e análise de datos de distintas estacións meteorolóxicas do Camiño de Santiago.
Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, desenvólvese o reto.
Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase mediante a exposición deste reto.
Os substrato do REA
A acepción que subxace en todo o REA é o estudo estatístico dun conxunto de datos.
A intención das persoas elaboradoras é que o alumnado sexa consciente de que na vida real xorden situacións que necesitan das matemáticas para a súa resolución, unhas máis simples e outras máis complexas. Para abordalas hai que recabar datos, ordenalos e facer un estudo estatístico onde poder sacar conclusións.
O deseño de estratexias para aportar solucións a problemas reais comeza por informarse e introducirse nesa situación, por iso en todas as páxinas deste REA hai resumos de contextos vinculados aos enunciados propostos.
Ademais hai vídeos que motivan e fomentan a creatividade, así como imaxes cunha intencionalidade concreta segundo o contido e o contexto traballado.
As actividades están deseñadas para asentar o pensamento crítico e axudar á comprensión, conexión e memorización dos contidos a distintos niveis para que estean ao alcance de todo o alumnado.
Inclúense tarefas máis complexas que levan a indicación de "ampliación" para alumnado que queira completar a súa aprendizaxe.