Saltar navegación

1. Descrición xeral

El tiempo en tu mochila

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado integre no seu coñecemento unha parte dos bloques de os sentidos estocástico e socioafectivo do currículo de 2.º da ESO mediante a posta en valor do Camiño de Santiago e da estatística, analizando datos de estacións meteorolóxicas de distintos tramos obtidos da web de MeteoGalicia.
Tamén busca incorporar estratexias de resolución de problemas e de traballo en equipo, a través de situacións reais motivadoras que requiran distintos niveis de dificultade.

Para acadalos propóñense como retos a elaboración do estudo estatístico e a partir deste a creación dun pódcast.

As metas da aprendizaxe son:

  • Analizar e interpretar datos.
  • Elaborar conxecturas e tomar decisións a partir da información estatística e a súa valoración crítica.
  • Comprender e comunicar situacións reais empregando ferramentas de interpretación e modelización como diagramas, gráficas...
  • Recoñecer e utilizar a conexión das matemáticas con outras materias, coa vida real ou coa propia experiencia.
  • Coñecer como se inicia unha investigación, como se verifican as fontes e como se citan.
  • Recoñecer a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e a súa contribución á superación dos retos que demanda a sociedade actual.
  • Formarse para asumir retos, aprender dos erros, buscar metas comúns e non temer ao fracaso, comprendendo que en equipo é máis fácil chegar ao resultado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)