Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 12 sesións e proponse impartila no segundo trimestre.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Estatística" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Camino a Galicia |
1. Camino a Galicia |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: elixir un Camiño Descríbese a formación de equipos, o reto, e a importancia do cambio climático. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. El tiempo en tu maleta |
2. El tiempo en tu maleta |
Sesións para conectar cos coñecementos previos. Faise un repaso das diferentes variables estatísticas, da súas representacións gráficas, da organización de datos en táboas de frecuencias e cálculo das medidas de centralización. Introdúcense os primeiros problemas contextualizados en distintos tramos dos Camiños de Santiago para o estudo estatístico de diferentes variables. Contén unha actividade grupal para desenvolver en media sesión: "Informativos del tiempo". Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo. |
2 sesións |
|
Conexión: 3. Elige tu propio Camino |
3. Elige tu propio Camino |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:
Estas actividades fomentan o estudo estatístico dunha variable, unha premisa para a realización do reto final: elixir un Camiño. Contén unha actividade grupal para desenvolver nunha sesión: "Id por la sombra". Ademais, invita á reflexión sobre o proceso de aprendizaxe no diario de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
6 sesións |
|
Reto final: 4. Ya tenemos Camino |
4. Ya tenemos Camino |
Propóñense dúas sesiones para elaborar o estudo estatístico e o pódcast tendo en conta os requisitos que deben cumprir. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
2 sesións |
|
Conclusión e avaliación: 5. El final del Camino |
5. El final del Camino |
Sesión vinculada á exposición do pódcast e á explicación do proceso levado a cabo por cada un dos equipos na aula. Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles. |
1 sesión |