Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 2.º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 9. "Estatística", e 13. "Matemáticas para a vida en sociedade".
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 5. "Sentido estocástico" e 6. "Sentido socioafectivo".
A proposta é traballala no segundo trimestre, como terceira unidade, a continuación do REA 5 (funcións); xa que logo, no terceiro trimestre, poderán tratarse os sentidos da medida e espacial conxuntamente.
| Contidos |
Bloque da materia |
- C5.1 - Organización e análise de datos.
- C5.1.1 - Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables cualitativas, cuantitativas discretas e cuantitativas continuas.
- C5.1.2 - Recollida e organización de datos en situacións da vida cotiá que involucran unha soa variable. Frecuencias.
- C5.1.3 - Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas mediante diferentes ferramentas tecnolóxicas (calculadora, folla de cálculo, aplicacións...) para pescudar como se distribúen os datos, interpretalos e obter conclusións razoadas.
- C5.1.4 - Medidas de centralización e dispersión: interpretación e cálculo.
- C5.1.5 - Comparación de dous conxuntos de datos atendendo ás medidas de centralización e dispersión.
- C5.1.6 - Uso das medidas de dispersión como complemento da media para explicar a distribución dos datos.
- C5.1.7 - Cálculo e interpretación das medidas de centralización e dispersión, con apoio tecnolóxico, en contextos da vida real.
- C5.1.8 - Uso de técnicas estatísticas para o tratamento de grandes cantidades de datos.
- C5.1.9 - Contribución da estatística ao progreso da sociedade.
|
Bloque 5
Sentido
Estocástico
|
- C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
- C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
- C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
- C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
- C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
|
Bloque 6
Sentido
Socioafectivo
|
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 3 |
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos. |
| OBX 4 |
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz. |
| OBX 6 |
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas. |
| OBX 7 |
Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos. |
| OBX 8 |
Comunicar de forma individual e colectiva conceptos, procedementos e argumentos matemáticos usando unha linguaxe oral, escrita ou gráfica e utilizando a terminoloxía matemática apropiada, para lles dar significado e coherencia ás ideas matemáticas. |
| OBX 9 |
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas. |
| OBX 10 |
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables. |
A continuación incúense os descriptores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso
| Competencia clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP1, CP3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión cultural (CCEC) |
CCEC1, CCEC3, CCEC4 |