Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

A creación deste REA (Recurso Educativo Aberto) englóbase no marco do proxecto cREAgal.

A área de Lingua Castelá e Literatura ten un carácter esencialmente instrumental, e, xunto coa Lingua Galega e Lingua Inglesa, está presente tamén nunha porcentaxe das outras áreas curriculares. É a nosa ferramenta indispensable de comunicación, de transmisión de coñecementos, e por tal motivo ten un carácter esencialmente social. As interaccións sociais, van intimamente ligadas a unha correcta xestión emocional: cando transmitimos información todos os elementos comunicativos xogan un papel importante.

Nos textos deste REA inclúese unha introdución á mitoloxía grega, que serve de fío condutor na consecución do reto. O respecto cara as emocións propias e alleas e o tratamento da información establecen piares clave nas producións orais e escritas. Isto ten como finalidade mellorar a capacidade de análise, fomentando unha actitude crítica, activa e participativa como membros dunha sociedade.

A creatividade vertebra todo o reto, dende a propia creación da "criatura mitolóxica" ata a elaboración da súa historia e habilidades. Debe prestarse especial atención ao tratamento da educación ambiental.

Neste sentido, faise necesario que se definan unhas liñas metodolóxicas que favorezan o progreso do alumnado no sexto curso:

  • Aprendizaxe cooperativa: o deseño de tarefas en grupo require comunicación entre iguais, escoita de ideas, aprendizaxe de normas de convivencia, etc. que potencian o desenvolvemento da linguaxe. Permite a cada individuo desenvolver as súas capacidades específicas.
  • Aprendizaxe significativa: as propostas terán unha vinculación directa co alumnado de forma que sexa para eles algo vinculado coa súa realidade.
  • Ensinanza individualizada: complementariamente ao traballo cooperativo, os docentes proporcionaremos tarefas e ensinanzas a cada un dos alumnos en función das súas capacidades e necesidades.
  • Entorno multimedia: a linguaxe está presente en distintos formatos: directo, a través de material impreso, a través de medios electrónicos visuais e sonoros. Desenvolveranse destrezas de comunicación oral e escrita nestes distintos soportes de maneira equilibrada. Valorando o emprego da linguaxe non discriminatoria.
  • Autoavaliativo: nas tarefas individuais, así como nas colectivas, será o propio alumno e alumna quen revise e avalíe a súa produción na busca de erros e de mellora comunicativa.
  • Progresividade e consolidación: todo o aprendido en cada momento vai enriquecer o xa adquirido anteriormente. Deste xeito irán enriquecendo as capacidades comunicativas, e o desenvolvemento curricular no curso reforza e enriquece o adquirido no curso anterior.
  • Alfabetización informacional: dedicarase tempo específico á aprendizaxe e práctica de procura de información, de coñecemento da organización dos contidos  e no desenvolvemento competencial no manexo de ferramentas TIC no proceso de construción do coñecemento de forma activa por parte do alumnado.
  • O acceso á literatura farase a través do fomento do hábito lector, para o que se conta co momento lector diario, así como o recollido no proxecto lector do centro.

De xeito complementario ao exposto ata o de agora, atopamos a concreción metodolóxica deste REA cas seguintes liñas centrais:

  1. O uso dunha temática significativa e diferente, na que poidan ser os propios protagonistas do proceso.
  2. Accesibilidade cognitiva a través de DUA, o que permite a eliminación de barreiras ao incluír aspectos como lectura facilitada, contido alternativo en formato audio e tamén a posibilidade de apoio visual.
  3. Inclusión e diversidade na aula e a personalización da aprendizaxe dada a oferta de actividades multinivel.
  4. Atender aos distintos estilos e ritmos de aprendizaxe nas propostas de realización das distintas tarefas.
  5. Autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe, no que o erro forma parte da aprendizaxe e o carácter competencial dos criterios de avaliación permiten atender tanto ao produto final esperado como aos procesos e actitudes.
  6. Usar distintas modalidades de agrupamento: traballo individual, en pequeno grupo ou en gran grupo para favorecer as interaccións do grupo-aula.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)