cREAndo criaturas
Este REA (Recurso Educativo Aberto) correspóndese coa unidade 6 da área de Lingua Castelá e Literatura da programación de PROENS. Malia proporse como unidade desta materia concreta, debemos entendelo como un recurso globalizado, que abrangue distintas áreas dun xeito transversal.
Neste sentido, está vencellado coa unidade 2 "Animación", da área Educación Plástica e Visual; coa unidade 6 "As novas tecnoloxías", da área de Ciencias da Natureza, e coa unidade 3 "Planeta e clima", de Ciencias Sociais, respectivamente.
Contidos traballados en cursos anteriores, como a temática "os animais", son retomados novamente neste reto presentado. Establecendo unha educación ambiental en relación á concienciación do coidado cara o medio natural na preservación de especies.
Está deseñado tendo como finalidade desenvolver a capacidades de comprensión e expresión oral e escrita a través da abordaxe de diferentes tipos de textos. Para iso emprégase como fío condutor a mitoloxía grega, que irá encamiñando ao alumando na consecución do reto: unha baralla mitolóxica.
As metas de aprendizaxe son:
- Traballar a descrición a través de habilidades e cualidades persoais.
- Clasificar os distintos tipos de modalidades oracionais.
- Identificar a linguaxe discriminatoria en expresións orais e escritas.
- Elaborar textos literarios (descrición) e non literarios (biografía) segundo os coñecementos adquiridos.
- Comprender normas ortográficas e aplicalas nas elaboracións escritas.
- Fomentar o traballo grupal.
- Entender as novas tecnoloxías dun xeito crítico e funcional.