Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA deseñouse para desenvolver en 16 sesións. A proposta que se recolle na programación didáctica de referencia publicada no aplicativo PROENS é que se imparta no segundo trimestre.

Na seguinte táboa recóllese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase

Seccións

Para que?

Temporalización

Fase 1. Descubriendo mitos

1.1 El reto

1.2 Organización

1.3 Diario de aprendizaje

Motivar ao alumnado para afrontar o reto final "creación dunha baralla mitolóxica" e dar instrucións de cara a elaboración dos elementos de cada carta da baralla.

Formar os equipos de traballo.

1 sesión

Fase 2. Activando ideas

2.1 Cualidades y habilidades

2.2 Vivencias

2.3 Personajes

2.4 Diario de aprendizaje

Activar coñecementos previos sobre a produción de textos descritivos, as modalidades oracionais e as regras ortográficas.

Recordar as habilidades necesarias para transmitir emocións e vivencias.

Practicar a expresión oral e escrita en diferentes situacións.

3 sesións

Fase 3. Construyendo conocimientos

3.1 Cartas sin discriminación

3.2 Modalidades oracionales

3.3 Gramática

3.4 Ortografía

3.5 La descripción

3.6 La biografía

3.7 Estaciones de aprendizaje

3.8 Diario de aprendizaje

Realizar actividades que lles axuden a desenvolver as competencias necesarias para enfrontarse ao reto final, relacionadas con:

- Empregar unha linguaxe inclusiva. Reflexionar sobre os riscos das redes sociais.

- Construír oracións segundo a intención comunicativa.

- Identificar tipos de palabras en función da categoría gramatical. Recoñecer nos verbos a raíz e a desinencia.

- Revisar a ortografía. En especial, erros relacionados con b/v.

- Elaborar textos: descricións e biografías incorporando elementos paratextuais e gráficos.

- Poñer en práctica o aprendido a través de diferentes actividades dinámicas en grupo. 

7 sesións

Fase 4. ¡Creando la baraja!

4.1. Describe tu criatura

4.2. Cuenta su historia

4.3. Crea tu carta

4.4. Expón tu elemento

4.5 Diario de aprendizaje

Afrontar o reto proposto: creación da carta da baralla mitolóxica e os seus elementos. Preparación da presentación oral do produto final elaborado, poñendo a proba o aprendido.

4 sesións

Fase 5. Conclusiones

5.1. Semáforo

5.2 Jugamos con las cartas

5.3. Rúbrica

5.4 Diario de aprendizaje

Analizar o traballo realizado e reflexionar sobre o aprendido e o proceso de avaliación. 

Autoavaliación, coavaliación e valoración do funcionamento como grupo. 

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)