Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 4 REA, unha proposta global para a materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 6 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024 e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: "Non lle temas aos monstros - cRÉAos!"

UD1: O noso corpo

UD2: Móvete!

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA4.1 - CA4.3

30%

24 sesións no primeiro trimestre

REA 2: "As aparencias enganan"

UD3: Somos o que comemos

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA4.1 - CA4.3

20%

12 sesións no segundo trimestre

REA 3: "Que non che conten contos!"

UD4: A función de reprodución

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA4.1 - CA4.3

20%

12 sesións no segundo trimestre

REA 4: "Entramos en materia"

UD5: Que ocorre se...?

UD6: As novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5

30%

22 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Ciencias da Natureza busca formar nenas e nenos como persoas activas, responsables e respectuosas co medio natural. A través da observación sistemática, a medición, a experimentación e a formulación de hipóteses, aprenden a comprender a ciencia como un proceso de investigación, respondendo aos problemas dunha sociedade globalizada e en constante desenvolvemento científico-tecnolóxico.

A través da realización deste REA o alumnado adquirirá conceptos, destrezas e actitudes relacionadas coa materia, as forzas e as formas de enerxía e o respecto cara á súa contorna a favor da consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Por outra banda, o avance das tecnoloxías e a súa influencia na vida cotiá, fai preciso que o alumnado coñeza as tecnoloxías que o rodea e faga un uso seguro, eficaz e responsable delas.

Especificamente o alumnado traballará as diferentes formas de enerxía, as súas características e propiedades, así como as propiedades da materia, as propiedades do aire, as forzas do voo e o impacto das novas tecnoloxías á hora de solucionar un problema. Estes aspectos conforman o núcleo central da unidade quinta e sexta da proposta de Proens.

A situación de aprendizaxe proposta "Entramos en materia" vinculase tamén con varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que promove habilidades científicas, tecnolóxicas e cooperativas cun enfoque práctico e innovador. Algunhas conexións clave son:

  • ODS 4: Educación de calidade → O REA fomenta o desenvolvemento de competencias científicas, metodolóxicas e de pensamento crítico mediante o método científico. Potencia unha aprendizaxe significativa e multinivel a través da experimentación e a resolución de problemas.
  • ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura → O Design Thinking e a creación dun prototipo funcional favorece a exploración e o deseño de solucións innovadoras, aplicando principios de enxeñaría e tecnoloxía. Ademais, a metodoloxía empregada reforza o pensamento computacional e a innovación.
  • ODS 12: Produción e consumo responsables → A análise de materiais para protexer o ovo e a elección de recursos sustentables e o uso de materiais de refugallo pode vincularse coa necesidade de promover o uso responsable de materiais e fontes de enerxía, fomentando unha maior conciencia ambiental no alumnado.
  • ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos → O enfoque cooperativo do proxecto fortalece as habilidades sociais e a aprendizaxe compartida, aspectos fundamentais para contribuír a sociedades máis sostibles e inclusivas.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coas unidades didácticas número 5: Que ocorre se...? e a unidade 6: As novas tecnoloxías, que corresponden á programación modelo de 6º de Primaria proposta para a área de Ciencias Naturais na aplicación Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - A ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría como actividades humanas. As profesións STEM na actualidade desde unha perspectiva de xénero relacionadas co desenvolvemento de hábitos de vida sustentable e co coidado do planeta.
  • C1.2 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • C1.3 - Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • C1.4 - Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • C1.5 - Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • C1.6 - Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • C1.7 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos).
  • C1.8 - Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais).
Bloque 1. Cultura Científica.
  • C3.1 - Propiedades da materia. Concepto de densidade e a súa relación coa flotabilidade dun obxecto nun líquido.
  • C3.2 - Realización de experiencias para estudar as propiedades de diferentes materiais de uso común.
  • C3.3 - As fontes de enerxía renovables e non renovables e a súa influencia na contribución ao desenvolvemento sustentable da sociedade.
  • C3.4 - As formas de enerxía e as súas transformacións.
  • C3.5 - As propiedades do aire e a súa interacción cos obxectos dependendo da súa forma. As forzas implicadas no voo. Principios básicos da aerodinámica.
Bloque 3. Materia, forzas e enerxía
  • C4.1 - Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:
    • C4.1.1 - Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
    • C4.1.2 - Estratexias de procura de información na Internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).
    • C4.1.3 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.
    • C4.1.4 - Tratamento e elaboración de textos sinxelos para recoller e comunicar información (formato de texto, axuste de páxina, inserción de imaxes¿). Xestión de arquivos.
    • C4.1.5 - Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola Internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.
    • C4.1.6 - Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.
    • C4.1.7 - Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados etc.) e estratexias de actuación.
  • C4.2 - Proxectos de deseño e pensamento computacional:
    • C4.2.1 - Observación e formulación de situacións-problema derivadas de necesidades que xurdan na súa contorna próxima.
    • C4.2.2 - Fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).
    • C4.2.3 - Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.
    • C4.2.4 - Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e do dos demais como oportunidade de aprendizaxe.
    • C4.2.5 - Deseño, prototipo, proba e avaliación dun proxecto de deseño sinxelo que teña relevancia na súa contorna.
    • C4.2.6 - Construción de proxectos sinxelos, utilizando de forma guiada diferentes materiais, ferramentas, obxectos, dispositivos e recursos dixitais seguros e adecuados para a consecución do proxecto.
    • C4.2.7 - Linguaxe sinxela de programación por bloques e as relacións lóxicas entre eles (executar movementos, sensores, motores, impresión 3D).
    • C4.2.8 - Presentación dos proxectos desenvoltos, utilizando diferentes soportes e estratexias de comunicación, explicando de forma oral e escrita as estratexias seguidas.
Bloque B4. Tecnoloxía e dixitalización

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición

OBX1

Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBX3

Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, analizando a súa organización e propiedades, e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o seu valor, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

OBX4

Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, co coidado e coa protección das persoas e do planeta.

OBX5

Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBX6

Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en Comunicación Lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3 e CCL5

Competencia Matemática e Competencia en Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría (STEM)

STEM1, STEM2, STEM3, STEM4 e STEM5

Competencia Dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4 e CD5

Competencia Persoal, Social e de Aprender a Aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5

Competencia Cidadá (CC)

CC1, CC3 e CC4

Competencia Emprendedora (CE)

CE1 e CE3

Competencia en Conciencia e Expresións Culturais (CCEC)

CCEC1 e CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)