Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

A continuación móstrase a distribución de criterios de avaliación, mínimo de consecución, tipo de instrumento e o peso (%) que para cada unha das unidades se corresponden na proposta de PROENS e que se traballan nesta situación de aprendizaxe.

Neste caso, ao abordar dúas unidades no REA proposto, débese revisar e comprobar ca vosa programación o peso final na avaliación que se terá en conta.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1: Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. Formular preguntas e realizar predicións razoadas a través da observación. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA1.2: Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural. Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. TI Unidade 5: Que ocorre se...?  5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA1.3: Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA1.4: Analizar a información e os resultados obtidos e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. Analizar e comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos, utilizando unha linguaxe apropiada. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA3.1: Identificar e analizar as características e as propiedades da materia a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas, os instrumentos e procesos adecuados. Identificar as propiedades, características e organización da materia e dos materiais. PE Unidade 5: Que ocorre se...? 25
CA3.2: Recoñecer e explicar as diferentes formas e fontes de enerxía identificando os seus usos na vida cotiá e a súa influencia no desenvolvemento sustentable. Explicar e identificar as formas e fontes de enerxía e a súa influencia no medio PE Unidade 5: Que ocorre se...? 25
CA3.3: Recoñecer a través de pequenas Identificar as propiedades básicas do aire. Investigacións as propiedades do aire analizando os principios básicos do voo. Identificar as propiedades básicas do aire. PE Unidade 6: As novas tecnoloxías 40
CA4.1: Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a busca de información e creación de contidos dixitais sinxelos. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA4.2: Expor problemas de deseño que se resolvan coa creación dun prototipo ou dunha solución dixital, avaliando as necesidades da contorna e establecendo obxectivos concretos. Explicar un problema de deseño sinxelo a través da creación dun prototipo. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 5
CA4.3: Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de pensamento de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos. Deseñar posibles solucións aos problemas expostos empregando diferentes estratexias de forma guiada. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 10
CA4.4: Desenvolver un produto final que dea solución a un problema de deseño, probando en equipos diferentes prototipos ou solucións dixitais e utilizando de forma segura e guiada as ferramentas, os dispositivos, as técnicas e os materiais adecuados. Desenvolver un produto final utilizando ferramentas e dispositivos sinxelos. TI Unidade 5: Que ocorre se...? 5
Unidade 6: As novas tecnoloxías 10
CA4.5: Comunicar o deseño dun produto final, adaptando a mensaxe e o formato á audiencia, explicando os pasos seguidos e propoñendo posibles retos para futuros proxectos. Comunicar o deseño dun produto final, explicando os pasos seguidos e adaptando a mensaxe ao contexto.  TI Unidade 5: Que ocorre se...? 10
Unidade 6: As novas tecnoloxías 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA3.1: Identificar e analizar as características e as propiedades da materia a través de metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas, os instrumentos e procesos adecuados.

- Podemos romper a auga? / 3.2. Que é a materia?

- Actividade 1: Pregunta Verdadeiro-Falso, Actividade 2: Que obxectos flotan? / 3.3. A flotabilidade.

- Clasifica os corpos segundo o seu comportamento cunha forza / 3.4. As forzas e a materia.

- Actividade de encher ocos / 3.6. A mesturarse!

Proba escrita
CA3.2: Recoñecer e explicar as diferentes formas e fontes de enerxía identificando os seus usos na vida cotiá e a súa influencia no desenvolvemento sustentable.

- Actividade 1: Relaciona, Actividade 2: Verdadeiro-Falso /  3.7. A enerxía

- Actividade 1: Elixe a opción correcta, Actividade 2: Completa os ocos, O muro sostible de Humpty Dumpty / 3.8. Fontes de enerxía

Proba escrita
CA3.3: Recoñecer a través de pequenas investigacións as propiedades do aire analizando os principios básicos do voo.

- Aceptas o Humpty Challenge? / 3.5. Os ovos non voan, caen con estilo

- Aceptas o Humpty Challenge? / 3.4. As forzas e a materia

- Cociñamos unha mestura? / 3.6. A mesturarse!

Proba escrita
CA1.1: Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación.

- Podemos romper a auga? / 3.2. Que é a materia?

CA1.2: Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural.

- A flotabilidade dos ovos. / 3.3 A flotabilidade

- Aceptas o Humpty Challenge? / 3.4. As forzas e a materia.

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA1.3: Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas.

- Coñecemos o método científico / 3.2. Que é a materia?

- Facemos flotar un ovo / 3.3. A flotabilidade. 

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA1.4: Analizar a información e os resultados obtidos e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos.

- Coñecemos o método científico / 3.2. Que é a materia?

- Facemos flotar un ovo / 3.3. A flotabilidade. 

Presentamos o noso prototipo aos demais / 4.4. A polo reto!

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA4.1: Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos.

- Coñecemos o método científico (Nivel avanzado) / 3.2. A materia.

- Imos poñer un ovo... en 3D / 3.5. Os ovos non voan, caen con estilo.

- Contamos a súa historia. 4.1. Mulleres con Ciencia

- A construír! / 4.4. A polo reto!

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA4.2: Expor problemas de deseño que se resolvan coa creación dun prototipo ou dunha solución dixital, avaliando as necesidades da contorna e establecendo obxectivos concretos.

- Como deseñar o prototipo / 4.2. Pensamento de deseño

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA4.3: Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de pensamento de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos.

- Preparámonos para construír / 4.3. Dunha idea a un deseño!

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA4.4: Desenvolver un produto final que dea solución a un problema de deseño, probando en equipo diferentes prototipos ou solucións dixitais e utilizando de forma segura e guiada as ferramentas, os dispositivos, as técnicas e os materiais adecuados.

- A construír! / 4.4. A polo reto!

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns
CA4.5: Comunicar o deseño dun produto final, adaptando a mensaxe e o formato á audiencia, explicando os pasos seguidos e propoñendo posibles retos para futuros proxectos.

- Expoñemos os prototipos e coavaliamos / 5.1. Exposición, coavaliación e reflexión

Proposta de instrumentos de avaliación dos CA comúns

Feito con eXeLearning (Nova xanela)