Antes de comezar
Este REA vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria, e nel abordaranse os seguintes bloques de Lingua Castelá e Literatura:
Bloque 2. Comunicación oral.
Bloque 3. Comunicación escrita.
Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional.
Bloque 5. Educación literaria.
Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.
O reto final deste REA consistirá na creación de contos para ser representados coa técnica de teatro de sombras.
Estes contos serán creados atendendo as distintas partes do mesmos. Prestarase atención ao emprego as regras ortográficas. Empregaranse as creacións para identificar e clasificar os determinantes (artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos) e para adquirir o dominio da comunicación oral e escrita. Poñeremos en valor a transmisión de emocións mentres representan os seus contos, froito da reflexión individual e grupal. Esta parte emocional, será parte imprescindible no desenvolvemento do noso alumnado e común a todas as áreas.
O longo do REA, adentrarémonos no mundo dos contos e as novelas, combinando diferentes tipos, temáticas, autores, épocas e estilos.
As diferentes actividades propostas están deseñadas para resolverse de xeito individual, en parellas e grupos de traballo cooperativo (4 ou 5 integrantes, dependendo do grupo clase). Nalgunhas actividades de reflexión e posta en común os grupos base interrelacionaranse.
Despois de diferentes tarefas realizadas en distintos agrupamentos, o reto final, será realizado en equipos base e o produto final expoñerase en equipos para un público a determinar.
As actividades programadas neste REA serán do tipo:
— dixitais, con corrección automática,
— para facer no seu caderno de aula,
— para realizar con diferentes estruturas de aprendizaxe cooperativo en equipos e
— manipulativas.