Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 6º de Educación Primaria, contextualízase na cuarta unidade didáctica "Contos e novelas"
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 2, 3, 4, 5 e 6.
Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Propóñense un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.
Bloque 5: Educación literaria. Pretende implicar os alumnos e alumnas nun proceso de formación lectora que continúe ao longo de toda a súa vida. Acadar este obxectivo supón iniciar un camiño de progreso deseñado cara á construción de personalidades lectoras. A lectura, a comprensión e interpretación de obras próximas aos seus gustos e á súa madurez cognitiva, o recoñecemento dos elementos básicos da obra literaria, a dramatización ou interpretación de fragmentos e a creación de textos propios con intención literaria facilitará o progreso na construción da identidade lectora, na comprensión das relacións con outras manifestacións artísticas ou culturais e no coñecemento básico sobre obras representativas tradicionais e actuais da literatura. As bibliotecas de aula, do centro e as virtuais conformarán os escenarios básicos para as actividades literarias compartidas.
Bloque 6: Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais, incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.
|
Contidos
|
Bloque da materia
|
- C2.2.2 - Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
- C2.3.1 - Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, expoñer ideas.
- C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
- C2.4.2 - Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos.
- C2.4.4 - Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
- C2.5.1 - Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.
|
Bloque B2. Comunicación oral.
|
- C3.2.1 - Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
- C3.2.2 - Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación breve.
- C3.3.6 - Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo a forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
- C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada e con intención comunicativa e creatividade.
- C3.4.6 - Elementos gráficos e paratextuais sinxelos que faciliten a organización e claridade do texto.
- C3.4.7 - Valoración da propia produción escrita e da produción escrita dos compañeiros e compañeiras.
|
Bloque B3. Comunicación escrita.
|
- C4.9 - Estratexias para compartir experiencias de lectura que perfilen a identidade lectora.
- C4.10 - Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.
|
Bloque B4. Alfabetización mediática e informacional.
|
- C5.1 - Lectura progresivamente autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura adecuados á súa idade e organizados en itinerarios lectores.
- C5.2 - Progreso na construción da identidade lectora. Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras de forma acompañada.
- C5.3 - Interpretación, progresivamente autónoma e compartida dos textos literarios a través de conversacións literarias, participando en comunidades lectoras de ámbito escolar e social.
- C5.4 - Valoración dos textos literarios e da literatura en calquera lingua como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
- C5.5 - Funcionamento da biblioteca da aula ou do centro como escenario de actividades literarias compartidas.
- C5.6 - Lectura expresiva, dramatización ou interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento.
- C5.7 - Análise acompañada da relación entre os elementos básicos da obra literaria (tema, protagonista, personaxes, trama, escenario) e a construción progresivamente autónoma do sentido da obra.
- C5.8 - Relación entre as obras lidas e outras manifestacións artísticas e culturais.
- C5.10 - Creación de textos literarios de maneira libre e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.
- C5.12 - Recoñecemento e elaboración guiada de textos literarios en prosa ou en verso (contos, lendas, poemas, adiviñas, cancións e teatro), valorando o sentido estético e a creatividade. Distinción entre os diferentes subxéneros.
|
Bloque B5. Educación literaria.
|
- C6.2 - Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
- C6.3 - Estratexias para a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico a través de observación, transformación de enunciados (substitución, inserción, supresión, cambio de orde, manipulación), formulación e comprobación de hipóteses.
- C6.4 - Estratexias para o establecemento de xeneralizacións sobre aspectos lingüísticos elementais, prestando especial atención ao valor expresivo dos determinantes e ás relacións fundamentais entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple, a partir de metalinguaxe específica elemental.
- C6.5 - Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
- C6.6 - Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
- C6.7 - Mecanismos léxicos básicos para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
- C6.8 - Estratexias de revisión e modificación de textos para mellorar a súa comprensión a través do uso de recursos lingüísticos apropiados.
|
Bloque B6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.
|
|
|
Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos lingüísticos non debe abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados.
Así, este enfoque aborda de xeito transversal os cinco bloques, atendendo especialmente aos seguintes obxectivos da materia:
|
Obxectivos
|
Descrición
|
|
OBX2
|
Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.
|
|
OBX3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
|
|
OBX4
|
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
|
|
OBX5
|
Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
|
|
OBX7
|
Ler de maneira autónoma obras diversas seleccionadas atendendo aos seus gustos e intereses, compartindo as experiencias de lectura, para iniciar a construción da identidade lectora, para fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e para gozar da súa dimensión social.
|
|
OBX8
|
Ler, interpretar e analizar, de maneira acompañada, obras ou fragmentos literarios adecuados ao seu desenvolvemento, establecendo relacións entre eles e identificando o xénero literario e as súas convencións fundamentais, para iniciarse no recoñecemento da literatura como manifestación artística e fonte de pracer, coñecemento e inspiración para crear textos de intención literaria.
|
|
OBX9
|
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
|
Competencias clave e os descritores operativos traballados
|
Competencias clave
|
Clave dos descritores operativos
|
|
Competencia en Comunicación Lingüística (CCL)
|
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5
|
|
Competencia Plurilingüe (CP)
|
CP2, CP3
|
|
Competencia Dixital (CD)
|
CD1, CD2, CD3, CD4
|
|
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)
|
STEM1, STEM2 |
|
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)
|
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
|
Competencia cidadá (CC)
|
CC1, CC2, CC3 |
|
Competencia emprendedora (CE)
|
CE1, CE3 |
|
Competencia en conciencia e expresións culturais (CEEC)
|
CEEC1, CEEC2, CEEC3, CEEC4 |