Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA |
Criterios de avaliación (CA) |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|---|
|
CA3.4 |
Analizar, de maneira progresivamente autónoma, o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura. |
Resume textos narrativos como contos ou novelas con definición de trama e coa presentación dos personaxes principais. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
6 |
|
CA5.7 |
Producir, de maneira progresivamente autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas. |
Redacta un texto con intención literaria, cunha estrutura completa (presentación, nó e desenlace). |
PE (non incluída no REA) |
4 |
8 |
|
CA5.9 |
Coñecer os diferentes tipos de textos literarios da tradición oral establecendo diferenzas entre eles e o seu uso: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas. |
Recoñece textos literarios de tradición oral pola súa tipoloxía creando outros novos a partir de modelos. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
6 |
|
CA6.2 |
Producir textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e |
Elabora breves textos literarios con corrección gramatical e ortográfica. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
8 |
|
CA6.6 |
Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Recoñece nun texto escrito os grupos nominais identificando artigos, nomes e adxectivos. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
4 |
|
CA2.1 |
Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais. |
Redacta resumos de obras literarias incluíndo as ideas principais. |
TI |
4 |
7 |
|
CA2.5 |
Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel, a partir de experiencias e interaccións orais. |
Expresa con claridade instrucións ou peticións, empregando un vocabulario axeitado. |
TI |
4 |
7 |
|
CA 3.2 |
Comprender distintos tipos de textos valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. |
Completa a lectura da maioría dos textos do seu interese, sen deixalos a medias. |
TI |
4 |
5 |
|
CA3.9 |
Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita. |
Amosa unha lectura fluída de textos literarios de calquera xénero. |
TI |
4 |
7 |
|
CA4.5 |
Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes, compartindo a experiencia de lectura, avanzando na construción da súa identidade lectora e participando en comunidades lectoras no ámbito escolar. |
Amosa continuidade na lectura de textos nos momentos destinados á lectura na clase. |
TI |
4 |
7 |
|
CA4.6 |
Compartir oralmente a experiencia de lectura participando, de forma autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar. |
Expresa a súa valoración sobre poemas e cancións. |
TI |
4 |
4 |
|
CA5.1 |
Ler de maneira autónoma textos de diversos autores e autoras axustados aos seus intereses, facendo valoracións persoais das obras literarias de forma guiada para comentar o gusto pola lectura e avanzar na construción da súa identidade lectora. |
Redacta a súa propia valoración sobre a lectura dun texto literario da súa escolla. |
TI |
4 |
7 |
|
CA5.3 |
Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer e información. |
Amosa preferencias por algún tipo de literatura e explica as súas razóns. |
TI |
4 |
4 |
|
CA5.4 |
Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, como escenario de actividades literarias compartidas |
Participa activamente no club de lectura do nivel. |
TI |
4 |
4 |
|
CA5.5 |
Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar. |
Participa con interese en representacións lidas e escenificacións teatrais. |
TI |
4 |
4 |
|
CA5.6 |
Escoitar e ler textos literarios adecuados á súa idade, que recollan diversidade de autores e autoras, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira acompañada. |
Asocia a lectura dun texto literario a unha época ou movemento cultural determinado. |
TI |
4 |
5 |
|
CA6.4 |
Revisar e mellorar os textos propios e alleos e emendar algúns problemas de comprensión lectora, de maneira progresivamente autónoma, a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e usando a terminoloxía básica adecuada. |
Reelabora textos de creación propia elaborados con anterioridade mellorando a súa claridade e cunha maior riqueza de vocabulario. |
TI |
4 |
7 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||